#DígochoEu: Non digas *volcar nin *volcarse
En galego non *volca nada nin nos *volcamos en nada! Como se di entón? Esther Estévez Casado danos a forma correcta.
En galego non *volca nada nin nos *volcamos en nada! Como se di entón? Esther Estévez Casado danos a forma correcta.
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Anemómetro. En meteoroloxía, úsanse principalmente os anemómetros de cazoletas ou de molinete, especie de diminuto muíño de tres aspas con cazoletas sobre as cales actúa a forza do vento; o número de voltas pode ser lido directamente nun contador ou rexistrado sobre unha banda de papel (anemograma), nese caso o aparello denomínase anemógrafo. Aínda que tamén os hai de tipo electrónicos. A unidade de medida habitual é m/s, aínda que nas informacións meteorolóxicas de TV ou radio emprégase o km/h (1 m/s equivale a 3,6 km/h).
E imos coa pregunta de hoxe!

8. Falando de ventos. Hai un vento do sueste propio do mediterráneo. Vén desde o Sahara e chega a velocidades de furacán no norte de África e o sur de Europa. Como se chama iste vento?
- Galerna.
- Tramontana.
- Ábrego.
- Siroco.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é En sentido das agullas dun reloxo no hemisferio norte. Pola contra, nos núcleos de baixas presións ou borrascas o aire circula no sentido contrario ao horario, sentido chamado ciclónico. Nos anticiclóns existe diverxencia de aire no chan; é dicir, o aire tende a escapar deles en superficie polo que na súa verticial, o aire cae tratando de substituír ao aire que escapou en superficie; nas borrascas, pola contra, existe converxencia de aire no chan, é dicir, o aire acode a elas en superficie xerando correntes ascendentes de aire.
E imos coa pregunta de hoxe!

7. O aparello meteorolóxico que ves na imaxe superior é utilizado para medir a velocidade do vento e así axudar na predición do tempo. Como se chama?
- Pluviómetro.
- Barómetro.
- Anemómetro.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es, meteogalicia.gal e wikipedia.org
Seguimos aprendendo a distinguir vogais abertas e pechadas con Esther Estévez Casado . Ánimo, que xa imos rematar coas palabras que levan b ou v!
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Partículas moi pequenas de po, cinsa e area en suspensión, que poden ser causadas, por exemplo, por un incendio. Cando esta ocorre por efectos do po, sales (sodio) ou elementos propios do ambiente, coñécese como calima tipo "A"; cando se produce por eventos especiais, tales como incendios forestais ou outros eventos de carácter contaminante, denomínaselle calima tipo " B".
E imos coa pregunta de hoxe!

6. Denomínanse anticiclóns ou altas presións a aquelas rexións nas que a zona central posúe unha presión maior que a da periferia, nelas o aire circula...
- En sentido contrario das agullas dun reloxo no hemisferio norte.
- En sentido das agullas dun reloxo no hemisferio norte.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org
En anteriores capítulos Esther Estévez Casado falaba de fútbol con Antonio Mosquera. Agora toca falar de máis deportes!
En galego temos ata tres opcións diferentes para non ter que dicir *ventana! Esther Estévez Casado dínolas!
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Val do Ebro. É o vento de compoñente NO na parte setentrional española. En Aragón, na Ribeira de Navarra e na Rioxa é un forte vento fresco e seco debido á diferenza de presión entre o mar Cantábrico e o mar Mediterráneo, cando se forma unha borrasca neste último e un anticiclón no anterior.
E imos coa pregunta de hoxe!

5. Na fotografía poder ver unha situación de calixe. Pero que é?
-Fase previa dun anticiclón, que anuncia a chegada inminente de calor sofocante.
-Partículas moi pequenas de po, cinsa e area en suspensión, que poden ser causadas, por exemplo, por un incendio.
-Rachas de aire cálido que pose ser causante de incendios, principalmente.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org Imaxe: lavoz.es