CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? VI
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Partículas moi pequenas de po, cinsa e area en suspensión, que poden ser causadas, por exemplo, por un incendio. Cando esta ocorre por efectos do po, sales (sodio) ou elementos propios do ambiente, coñécese como calima tipo "A"; cando se produce por eventos especiais, tales como incendios forestais ou outros eventos de carácter contaminante, denomínaselle calima tipo " B".
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Denomínanse anticiclóns ou altas presións a aquelas rexións nas que a zona central posúe unha presión maior que a da periferia, nelas o aire circula...
- En sentido contrario das agullas dun reloxo no hemisferio norte.
- En sentido das agullas dun reloxo no hemisferio norte.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org
0 comentarios