Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CABO VERDE? III

Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo

A contestación correcta á pregunta de onte é Illas Salvaxes, Azores, Madeira e Illas Canarias. Macaronesia é unha designación moderna para identificar os varios grupos de illas no océano Atlántico Norte preto da Europa e do norte de África, que comparten unha serie de trazos, en especial bioxeográficos, comúns. Consta de cinco arquipélagos: Azores (Portugal), Madeira (Portugal), Canarias (España), Cabo Verde (República de Cabo Verde) e Illas Salvaxes (Portugal). As illas son de orixe volcánica, producidas por fenómenos de intraplaca ligados, talvez, a un ou varios puntos quentes no océano Atlántico. Tampouco se descarta a súa relación coa mesma actividade tectónica que orixinara o Atlas africano.

 

E imos coa pregunta de hoxe:

3. O arquipiélago de Cabo Verde está formado porde dez illas divididas en dous grupos: Illas de Barlavento e Illas de Sotavento. Clasificas as illas:

Santo Antão, Santiago, Santa Luzia, São Nicolau, Boa Vista, Maio, São Vicente Fogo, Brava e Sal. 

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org    

0 comentarios