#DígochoEu: Cinco formas de falar baixiño sen *susurrar
En galego non *susurramos, pero tranquilidade! Esther Estévez Casado dinos cinco maneiras de falar baixiño.
En galego non *susurramos, pero tranquilidade! Esther Estévez Casado dinos cinco maneiras de falar baixiño.
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é O vento de levante que sopra tan forte no estreito de Xibraltar pola súa forma de funil. levante é o nome co que se adoita designar ao vento procedente do leste no litoral mediterráneo de España e, en xeral, en todo o mediterráneo occidental. Ao soprar de forma moderada ou forte, provoca fortes marusías no Mediterráneo. Xeralmente suave e húmido, o levante con frecuencia trae nubes e choiva. Cando hai bo tempo, coñéceselle como "levante calma".
E imos coa pregunta de hoxe!

4. O cierzo é o vento de compoñente noroeste que afecta a...
- Canarias (e parte de Ceuta e Melilla).
- Val do Ebro.
- Val do Guadalquivir.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org Imaxe: Cierzo/republica.com
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Liñas que unen puntos que teñen a mesma presión atmosférica. As isobaras dun mapa meteorolóxico serven para dar información acerca da forza do vento e a dirección dIste nunha zona determinada. Adóitanse medir en intervalos de 4 milibares, considerando que 1013 milibares ou hectopascais representan unha presión normal, mentres que presións maiores ou menores dinse altas ou baixas.
E imos coa pregunta de hoxe!

3. Didícil estar, tal como se ve na fotografía, nas praias de Cádiz. A que é debido?
- O vento de poñente, que leva as borrascas atlánticas cara a península. Na paria nótase especialmente.
- O vento de levante que sopra tan forte no estreito de Xibraltar pola súa forma de funil.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org Imaxe: telecinco.es/eltiempohoy
En galego non temos ningún animaliño que se chame *loro. E tampouco podemos estar *ao loro! Esther Estévez Casado danos as alternativas.
Moito ollo co que contemplas! En galego este verbo é correcto, pero non se pode empregar en todos os casos. Esther Estévez Casado cóntanolo no episodio de hoxe!
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é O tempo é o estado que presenta a atmosfera nun momento e lugar determinado. Pola contra o clima é o conxunto de condicións atmosféricas dunha zona durante un longo período de tempo.
E imos coa pregunta de hoxe!

2. Os mapas do tempo adoitan ter moitas moitas liñas e letras “A” e “B” deambulando pola zona… Estas liñas son as “isobaras”. E isto que é?
- Liñas que unen puntos que teñen a mesma presión atmosférica.
- Representan aos ventos fríos que empurran ás borrascas e aos anticiclóns.
- Representan os ventos temperados que empurran as calixes.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org Imaxe: ernestocr/pinterest.es

A meteoroloxía é a ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
Isobaras, calixe, mistral... son moitos os conceptos que a meteoroloxía trouxo á nosa vida. Pero realmente sabes o que significan? Seguro que despois de contestar a esta serie de preguntas, seguro que si.
Comezamos!

1. Clima e tempo son dous conceptos diferentes. Que é o tempo?
- O tempo é o estado que presenta a atmosfera nun momento e lugar determinado.
- O tempo é o conxunto de condicións atmosféricas dunha zona durante un longo período de tempo.
- O tempo é a temperatura telúrica de cada país.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org Imaxe: caracteristicas.co