CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? II
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é O tempo é o estado que presenta a atmosfera nun momento e lugar determinado. Pola contra o clima é o conxunto de condicións atmosféricas dunha zona durante un longo período de tempo.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Os mapas do tempo adoitan ter moitas moitas liñas e letras “A” e “B” deambulando pola zona… Estas liñas son as “isobaras”. E isto que é?
- Liñas que unen puntos que teñen a mesma presión atmosférica.
- Representan aos ventos fríos que empurran ás borrascas e aos anticiclóns.
- Representan os ventos temperados que empurran as calixes.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org Imaxe: ernestocr/pinterest.es
0 comentarios