CANTO SABES DE GALICIA XVI
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Antonio Rosón Pérez. Nado en Becerreá o 8 de xuño de 1911 e finado na cidade de Lugo o 19 de agosto de 1986, avogado, foi o primeiro presidente da preautonomía Xunta de Galicia antes aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, entre os anos 1977-1979. Tamén foi o primero presidente do Parlamento de Galicia (1981-1986). O segundo Presidente, tamén da etapa preautonómica, foi José Quiroga. Xa na etapa autonómica temos a Xerardo Fernández Albor, Fernando Ignacio González Laxe, Manuel Fraga Iribarne, Emilio Pérez Touriño e, na actualidade, Alberto Núñez Feijóo.
E Imos coa pregunta de hoxe!
16. Cal é a cidade máis poboada de Galicia?
- A Coruña
- Pontevedra
- Vigo
- Ourense
- Lugo
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: elpais.com
0 comentarios