Blogia
vgomez

CANTAS PERSOAS NACERON O MESMO DÍA QUE TI?

A partir dos datos completos do Padrón Continuo desde 1921 ata 2018, pódese consultar nunha infografía interactiva cantas persoas naceron nunha data concreta, en que mes naceron máis bebés e a evolución da natalidade ao longo dos anos en España. No meu caso, o día do meu nacemento, tamén o fixeron 1.424 persoas. Esta nova ferramenta do INE permite, tamén, coñecer a posición no ranking de popularidade que ocupa o día do teu aniversario, no meu caso sería o posto 81 dos nados no meu mes de nacemento.

Se queres probar a ferramenta coa aplicación ao teu caso preme AQUÍ.

FONTE: Brenda Valverde/Verne/elapís.com

0 comentarios