Blogia
vgomez

UNHA ESTUDANTE DESCOBRE 17 EXOPLANETAS

Diámetros dos planetas descubertos por Michelle Kunimoto en comparación co de Marte, a Terra e  Neptuno. O verde corresponde ao de KIC-7340288 b / news.ubc.ca/ Michelle Kunimoto

Inspirada pola serie ’Star Trek’, Michelle Kunimoto inscribiuse nun curso sobre exoplanetas e astrobioloxía que a conduciu, aos 23 anos de idade e antes da súa gradación na Universidade de Columbia Británica, en Canadá, ao descubrimento de 17 planetas, incluído un do tamaño da Terra e potencialmente habitable.

Para este logro, Kunimoto analizou a información colleitada e fornecida durante os seus catro anos de misión polo satélite Kepler da Administración Nacional do Aire e o Espazo (NASA) de Estados Unidos, especialmente acerca dos planetas situados na "área habitable" das estrelas próximas, nos que podería existir auga na súa superficie.

Segundo un artigo que publica a revista The Astronomical Journal, os achados de Kunimoto inclúen un planeta, chamado oficialmente como KIC-7340288 b, que ten un tamaño equivalente a unha Terra e media, o cal é suficientemente pequeno como para consideralo rochoso, en lugar de gasoso, como os planetas máis grandes do sistema solar.

"Este planeta atópase a 1.000 anos luz da Terra, de modo que non chegaremos alí moi pronto", di Kunimoto, quen cualificou o seu achado como "excitante" porque ata o de agora os datos recolleitos por Kepler só confirmaran 15 planetas pequenos habitables nesa zona.

O ano en KIC-7340288 b dura 142 días e medio, que é o tempo que tarda en dar un xiro completo ao redor da súa estrela, nunha órbita de 0,444 unidades astronómicas (1 UA é a distancia entre a Terra e o Sol), unha órbita un pouco máis grande que a de Mercurio en torno ao Sol, e recibe da súa estrela aproximadamente un terzo da luz que a Terra recibe do Sol.

Dos outros 16 novos planetas descubertos, o máis pequeno ten un tamaño equivalente a un terzo do da Terra, e é o máis pequeno dos achados por Kepler ata o de agora. O resto ten tamaños de ata oito veces maiores que a Terra.

"Eu estudei as curvas de luz captadas por Kepler, isto é, as medicións do brillo das estrelas co paso do tempo, buscando sinais de tránsito de planetas", explica  Kunimoto.

"Cando un obxecto pasa ’fronte’ a unha estrela, é dicir, transita entre a estrela e quen a observa, bloquea unha porción da luz desa estrela e vese unha pequena diminución  temporarl no brillo", polo que eses sinais, se se producen periodicamente, mostran a posibilidade de que "hai un planeta que orbita esa estrela, e pódese deducir o tamaño do planeta e canto tempo lévalle completar a órbita", explica.

Kunimoto, nunha entrevista dixo que sempre estivo interesada na astronomía pero tivo a certeza de que esta era a súa vocación despois que o seu pai mostroulle "a Serie Orixinal de Start Trek" cando estaba na escola secundaria.

"Fascinoume como Start Trek exploraba grandes ideas acerca do espazo, a sociedade e a ciencia, e presentaba aos científicos como aventureiros plenos de curiosidade", relata. "A serie mostraba unha visión optimista e esperanzada do futuro da humanidade. Certamente inxenua, pero estaba por diante do seu tempo e inspirou a xeracións", comenta a nova.

Kunimoto indica que só analizou 400 curvas de luz nos datos de Kepler, pero "hai miles máis" e gustaríalle "continuar a procura".

FONTE: farodevigo.es/astronomía

0 comentarios