ATOPAN AS GALAXIAS "NAI" DA MAIOR PARTE DE TODAS AS ESTRELAS
Imaxe das galaxias primitivas capturada polo telescopio Hubble / NASA
Un grupo de astrónomos da Universidade de California conseguiu localizar, utilizando o telescopio espacial Hubble , a poboación galáctica orixinal, a que fixo posible que o ceo se poboase de estrelas nos primeiros tempos de existencia do Universo en que vivimos.
O grupo galáctico recén localizado é o máis numeroso xamais visto no Universo remoto. E os seus membros son as galaxias máis pequenas e escuras das que se tiña noticia ata agora. Para capturar o seu debil luz, os astrónomos tiveron que realizar larguiísimas exposicións cos instrumentos do Hubble no rango da luz ultravioleta.
O estudo resultante, presentado hai uns días na 223 reunión da Sociedade Astronómica Americana, celebrada en Washington, publicarasse próximamente no The Astrophysical Journal.
Trátase de 58 novas e diminutas galaxias, nacidas hai máis de 10.000 millóns de anos, durante o apoxeo do nacemento de novas estrelas. As novas galaxias son cen veces máis numerosas que as súas "primas" máis masivas, pero tamén cen veces menos luminosas que calquera outra galaxia detectada ata agora nas profundidades do espazo do Universo primitivo.
En condicións normais, estas galaxias terían sido demasiado débiles como para ser detectadas polo Hubble. Pero os astrónomos lograron facer que o telescopio espacial traballase "en equipo" xunto a un "zoom" espacial natural, unha lente producida pola gravidade de Abell 1689, un enorme cúmulo galáctico non demasiado afastado de nós.
O cúmulo é tan masivo que é capaz de magnificar a luz que recibe das galaxias máis afastadas que ten detrás grazas a un fenómeno coñecido como "lente gravitacional", no que a curvatura mesma do espazo actúa como un xigantesco espello de feira, que deforma a luz, facéndoa máis brillante.
Moi diferentes ás que hai a noso arredor, estas galaxias primitivas non forman maxestosas espirais nin poderían catalogarse dentro das demais familias galácticas coñecidas. A análise do Hubble mostra que son pequenas, de apenas uns centos de anos luz de diámetro (a nosa Vía Láctea, por exemplo, mide 50.000 anos luz de punta a punta), e que teñen formas irregulares.
Nelas están as respostas a moitas das preguntas que hoxe se fan os astrónomos, e que permitirán saber por que as cousas son tal e como as vemos.
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios