A ENIGMÁTICA QUENLLA ELEFANTE
O investigador Byrappa Venkatesh sostén unha quenlla elefante (Callorhinchus milii) en Tasmania (Australia) / B. V.
É unha das quenllas máis raras do planeta. A natureza dotouno dunha especie de trompa que lle permite escarvar no fondo mariño para cazar crustáceos e que lle valeu a Callorhinchus milii o alcume de quenlla elefante.
Agora, un equipo internacional de investigadores secuenciado o seu xenoma, unha información coa que pretenden coñecer mellor este particular animal que vive en augas mornas de Nova Zelandia e do sur de Australia, en profundidades de entre 200 e 500 metros. E é que, máis alá do seu estraño aspecto, os científicos queren investigar como evolucionou o sistema inmune desta lonxeva especie e descubrir por que en lugar de ter ósos, o esqueleto das quenllas é cartilaxinoso.
Os detalles desta investigación, na que se comparou o xenoma da quenlla elefante co dos humanos e os doutras especies de vertebrados xa secuenciados, publícanse esta semana na revista Nature .
As quenllas son uns animais particularmente interesantes dende o punto de vista evolutivo, pois encóntranse entre os vertebrados con mandíbulas articuladas máis antigos que aínda non se extinguiron.
Os vertebrados con mandíbulas coñécense globalmente como gnatostomados e divídense en dous grandes grupos: os que teñen esqueletos óseos e os que posúen un esqueleto de cartilaxes.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios