FLEXIBILIDADE NUMÉRICA NO CÁLCULO MENTAL
É unha operación sinxela, pero moitas maneiras de calcular o resultado
Todo empezou cunha pregunta inocente. Que pasa na túa cabeza cando sumas 27 + 89?
What happens in your head when you do 27+89?
— Axe Savage-Hunter (@ PrettyboiiDB_9) February 25, 2020
E por que tanto balbordo? Por que, en catro días, o tweet tivo máis de 14.000 respostas? É moi posible que sexa porque nos estrañe que as respostas non sexan todas “utilizo unha calculadora” e porque os argumentos que se dan sexan moi diferentes dos que nos ensinaron na escola. Xa sabes: coloca os números en dúas filas, emparellando por columnas unidades con unidades e decenas con decenas, suma as unidades (sete máis nove son dezaseis), apunta un seis, lévome unha, logo suma o dous co oito e coa que che levas dá once. Total: 116.
Pero facelo mentalmente é distinto. Imos mirar as respostas ao tweet. Entre elas, gustaríame destacar estas catro variantes:
1ª: 89 + 20 + 7. Reordena os números, coloca primeiro o maior, descompón o segundo sumando e logo suma de esquerda a dereita, igual que se len. Ben.
2ª: 26 + 90. Aquí o que se fai é que 27 préstalle unha a 89, co que queda moito máis redondo e a dobre levada da suma vólvese moito máis alcanzable. É a que fixen eu.
3ª: (89 + 11) + (27 - 11). A 89 fáltanlle 11 para ser 100. Moi interesante e sofisticado.
4ª: 30 + 90 - 4. Redondea os números tendo en cuenta o erro cometido. Encántame.
Todos estes, e outros, fálannos de flexibilidade numérica no cálculo mental, unha capacidade que se pode adestrar e que forma parte do que os especialistas chaman sentido numérico. O curioso é que quen teña esa flexibilidade é porque a adestrou á parte do procedemento tradicional. Porque o procedemento que nos ensinaron (aos que nolo ensinaron así) non estaba deseñado con ese propósito, senón co de ser eficiente á hora de facer grandes operacións. A eficiencia do método tradicional fai referencia ao pouco tempo que tarda en executarse con lapis e papel, ademais de ocupar pouco espazo nese formato. Aínda que facer os cálculos de cabeza ocupa menos tempo, e ningún espazo.
E ti, cal farías?
FONTE: José Angel Múrcia/Verne/elpaís.com
0 comentarios