CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXXIII
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1929. A Gran Depresión, tamén chamada Crise de 1929, foi unha gran recesión económica que tivo inicio en 1929, e que persistiu ao longo da década de 1930, terminando coa chegada da segunda guerra mundial. É considerada a peor e o máis longo período de recesión económica do século XX. Este período de recesión económica causou altas taxas de desemprego, caídas drásticas do produto interior bruto de diversos países, así como caídas drásticas na produción industrial, nos prezos de accións, e en practicamente todo medidor de actividade económica, en diversos países do mundo. O día 29 de outubro de 1929 é considerado popularmente o comezo da Gran Depresión. Porén, as taxas na caída da produción industrial americana xa comezaran a caer a partir de xullo do mesmo ano, causando un período de leve recesión económica que se estendeu até o 29 de outubro, cando valores de accións na bolsa de valores de Nova York, a New York Stock Exchange, caeron drasticamente no chamado crac da Bolsa de Nova York, desencadeando o Xoves Negro. Así, milleiros de accionistas perderon, literalmente, da noite ao día, grandes sumas de diñeiro. Moitos perderon todo o que tiñan. Esta quebra na bolsa de valores de Nova York empeorou drasticamente os efectos da recesión xa existente, causando unha gran deflación e caída nas taxas de venda de produtos, que á súa vez obrigaron ao peche de moitas empresas comerciais e industriais, elevando así drasticamente as taxas de desemprego. Os efectos da Gran Depresión foron sentidos no mundo enteiro. Estes efectos, aínda que a súa intensidade, variaron segundo o país.
E imos coa pregunta de hoxe!
33. En que data se pronunciou o discurso "I Have a Dream" (Eu teño un soño) de Martin Luther King Jr.
- 1963
- 1964
- 1965
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: es.wikipedia.org e telemundo.com
0 comentarios