Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XVI

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é John Wilkes Booth. Abraham Lincoln, nado preto de Hodgenville, Kentucky, o 12 de febreiro de 1809 e finado en Washington o 15 de abril de 1865, foi un avogado e estadista estadounidense que exerceu como 16º presidente dos Estados Unidos desde 1861 ata o seu asasinato en 1865. Lincoln foi asasinado por John Wilkes Booth, un simpatizante da causa do sur. O 14 de abril de 1865, cinco días despois da rendición sudista, John Wilkes Booth soubo que un mensaxeiro da Casa Blanca chegara á Ford’s Opera House, un prestixioso teatro de Washington, anunciando que á representación daquela noite asistirían o presidente Lincoln e a súa esposa Mary. John Booth era un novo actor bastante estimado polo público que anos antes abrazara a causa sudista. Abraham e Mary Lincoln ocuparon puntualmente o seu palco. A obra deu comezo despois de que os presentes ovacionasen ao seu presidente e á primeira dama. John Booth chegou pouco despois, saudou ao empregado da entrada e dirixiuse cara ao palco presidencial sen que ninguén lle cortase o paso. Ía elegantemente vestido, era un actor recoñecido e coñecía perfectamente os carreiros dun teatro no que traballara decenas de veces. Cando entrou no palco, o presidente achábase inclinado cara adiante. Sostiña a man da súa muller na súa e presentaba o seu perfil esquerdo ao executor. Este adiantouse sigilosamente empuñando unha Derringer, pistola de pequeno tamaño e dun só disparo. Achegouna á cabeza de Lincoln e disparou. Unha fumareda azul encheu o palco. O presidente apenas se moveu: só a súa cabeza se recostó lentamente contra o seu peito. Booth brandiu un puñal para que ninguén lle detivese e exclamou: "Sic semper tyrannis!" (Así chega sempre a morte aos tiranos), palabras postas en boca de Bruto no momento de apuñalar a Julio César, que tamén son a divisa do estado de Virginia. Logo precipitouse cara á varanda, gritou de novo: "O Sur foi vingado!", e caeu pesadamente no palco de butacas, rompéndose unha perna. Con todo, logrou levantarse e fuxiu coxeando. Mary lanzou un chillido e sobreveu unha extraordinaria axitación. Lincoln morreu ao día seguinte pouco despois das sete da mañá, a hora á que habitualmente empezaba a traballar.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Onde se celebraron as primeiras olimpíadas modernas de 1896?

- Francia

- Italia

- Grecia

- Inglaterra

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e biografiasyvidas.com   Imaxe: buigrafiasyvidas.com e es.wikipedia.org

0 comentarios