Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *estreno

 

Esther Estévez Casado estrea e non *estrena como presentadora de “Cachadas”. Hoxe, domindo ás 20:20, temos estrea na TVG!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL IX

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Dinamita. Alfred Nobel converteuse en multimillonario grazas á invención da dinamita, un descubrimento que non tardaría en ser utilizado ao servizo das guerras. "Alfred Nobel inventou un explosivo máis poderoso que calquera coñecido entón -un medio sumamente eficaz para a destrución- Para aliviar a súa conciencia, instituíu o premio á promoción da paz", comentou Albert Einstein. E así foi. No seu testamento do 27 de novembro de 1895, Nobel asegurouse de que o 94% dos seus activos totais (31 millóns de coroas suecas), irían destinados á creación duns premios que honrasen contribucións notables para a humanidade.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cantas persoas se encontraban na cadea ao gañar o premio Nobel da Paz?

- 1

- 3

- 5

- 6

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL VIII

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Selma Lagerlöf. Todas as mulleres citadas gañaron un nobel, todas o de literatura menos Marie Curie (física e química) e a que tivo a honra de converterse na primeira muller en obter o prestixioso Premio Nobel de Literatura foi a escritora sueca Selma Lagerlöf, unha mestra rural coñecida pola Saga de Gösta Berling (1891) con heroes e cabaleiros, que tivo un grande éxito no país nórdico. A Academia Sueca elixiuna "en recoñecemento ao altivo idealismo, a vívida imaxinación e a percepción espiritual que caracterizan a todas as súas obras".

E imos coa pregunta de hoxe!

8. A orixe dos premios Nobel está unido a un particular invento. Cal?

- Transistor

- Lámpada

- Dinamita

- Máquina de coser

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 2)

 

Continuamos aprendendo con Esther Estévez Casado as normas para distinguir vogais abertas e pechadas con este segundo capítulo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 1)

 

Esta pode ser unha das cousas máis difíciles do galego así que a explicación de Esther Estévez Casado vai ir amodiño e en varios capítulos.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL VII

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Suecia . A cerimonia ten lugar cada ano na cidade de Estocolmo, en Suecia e desde 1902, os premios entrégaos o Rei de Suecia. O Nobel da Paz é o único que se entrega en Oslo, Noruega.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Que muller gañou por primeira vez o Nobel de Literatura en 1909?

- Grazia Deledda

- Marie Curie

- Sigrid Undset

- Selma Lagerlöf

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es    Imaxe da solución: lavanguardia.com


CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL VI

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Bob Dylan. En efecto, foi o poeta e músico Bob Dylan (Robert Allen Zimmerman, 1941) quen conseguiu o Nobel de Literatura en 2016, con igual número de críticas que de aplausos polo seu galardón. O cantautor estadounidense recolleu o seu premio máis de tres meses despois da cerimonia oficial debido a varios compromisos ineludibles. O Nobel foille concedido "por crear novas expresións poéticas dentro da gran tradición da canción americana".

E imos coa pregunta de hoxe!

6. En que lugar se celebra a cerimonia oficial da entrega dos premios Nobel cada 10 de decembro?

- Noruega

- Alemaña

- Suecia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Tres galeguismos do castelán que en galego son incorrectos

 

Moito temos falado aquí dos castelanismos que hai que evitar cando falamos en galego, pero o castelán tamén ten moitos galeguismos! Esther Estévez Casado fálanos de tres que son incorrectos en galego.

#DígochoEu