Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL V

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Verdadeiro. Así é (en 1939, proposto ironicamente aínda que se debateu seriamente se merecía ou non tal recoñecemento), e non só el. O fascista Benito Mussolini (nomeado en 1935), ou o ditador dun dos réximes  totalitarios máis represivos da historia, Josef Stalin (en 1945 e 1948), foron nomeados ao Nobel da Paz.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Que músico gañou o nobel de literatura en 2016?

- David Bowie

- Eric Clapton

- Bruce Springsteen

- Bob Dylan

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org


#DígochoEu: Non *repostes na *gasoliñeira

 

En galego non *repostamos na *gasoliñeira porque estas palabras son incorrectas. Esther Estévez Casado danos as alternativas.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL IV

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 4. As persoas que foron galardoadas dúas veces con este prestixioso premio foron: Marie Curie (Nobel de Física en 1903 e Nobel de Química en 1911), Linus Pauling (Nobel de Química en 1954 e Nobel da Paz en 1962), John Bardeen (Nobel de Física en 1956 e Nobel de Física en 1972), Frederick Sanger (Nobel de Química en 1958 e Nobel de Química en 1980).

E Imos coa pregunta de hoxe!

4. É certo que Adolf Hitler foi nominado para o Premio Nobel da Paz?

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org


#DígochoEu: En galego non temos nin *deudas nin *dudas

 

Somos reflexivos e podemos deber cartos, pero *deuda e *duda son castelanismos. Esther Estévez Casado danos as alternativas.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL III

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mark Twain. Mark Twain era o pseuónimo de Samuel Langhorne Clemens (1835-1910) é non recibiu nunca o Nobel de Literatura. Canto menos curioso, pero tampouco o recibiron autores da talla de Marcel Proust, James Joyce, Antón Chéjov ou León Tolstoi. Con todo, un dos grandes líderes de tempos de guerra, Winston Churchill, non só estivo nomeado en varias ocasións senón que recibiu o Nobel de Literatura en 1953.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cantas persoas recibiron dúas ocasións o Premio Nobel?

- 2

- 3

- 4

- 5

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *a traveso nin *a traverso

 

Non podemos ver *a traveso de algo porque é incorrecto en galego! Esther Estévez Casado danos a alternativa! 

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas 'tomar o relevo'

 

En galego temos a palabra ’relevo’ pero non podemos ’tomar o relevo’. Esther Estévez Casado explicánolo no episodio de hoxe!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL II

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1901. Xusto cinco anos despois da morte de Alfred Nobel (1896). O atraso na celebración destes prestixios premios, debeuse ao testamento do propio Alfred Nobel, que provocou certa disparidade de opinións. Finalmente, e grazas aos 31 millóns de coroas suecas, que legou Nobel, outorgaríanse os premios: o de Física, o de Química, o de Medicina, o da Paz, o de Literatura e, posteriormente (1968) engadiríase o de Economía en memoria do propio Alfred Nobel.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal destes ecritores non chegou nunca a recibir o Nobel de literatura?

- Rudyar Kipling

- Mark Twain

- Jacinto Benavente

- William Faulkner

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es