Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL

Alfred B. Nobel / Imaxe: es.wkipedia.org

Neste días estaños coñecendo os galardoados nos Premios Nobel 2020. A orixe destes premios remóntase ao 27 de novembro de 1895: Alfred B. Nobel asinou o seu último testamento, doando a maior parte da súa fortuna a unha serie de premios en Física, Química, Fisioloxía e Medicina, Literatura e Paz. Así naceron os Premios Nobel. Un testamento que causou unha grande controversia, non só para a súa familia, que se opuxo ao establecemento do Premio Nobel, senón tamén pola opinión pública a nivel internacional. En 1968 incorporouse o Premio de Ciencias Económicas, e desde entón, recoñeceron o labor de case 600 galardoados. Investigadores e literarios cuxa achega merece un oco nunha listaxe histórica, no que figuran nomes tan ilustres Albert Einstein, Alexander Fleming, Martin Luther King  Jr., Marie Curie...

Propónoche un cuestionario para por a proba os teus coñecementos sobre os Premios Nobel. Anímaste? Pois empezamos!

1. En que ano se entregou o primeiro Premio Nobel?

- 1901

- 1902

- 1903

- 1914

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Laura Marcos/muyinteresante.es

#DígochoEu: Non digas *granizo

 

Nin *granizo, nin *granizar, nin *granizado existen en galego! Esther Estévez Casado dinos os termos que podemos usar!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non, isto non é unha garabata

 

Esta peza de roupa non se chama garabata en galego. Esther Estévez Casado cóntanol no capítulo de hoxe!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *pestillo

 

En galego non botamos o *pestillo porque é un castelanismo! Esther Estévez Casado  danos alternativas!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *archimillonario

 

Se a Esther Estévez Casado lle toca a lotería, sería *archimillonaria? Pois non! En galego dicímolo doutro xeito.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *retrasar

 

Nin *retrasar nin *retraso son palabras correctas en galego. E moito ollo con adiar! Esther Estévez Casado danos alternativas.

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende en 1 minuto os xentilicios máis conflitivos

 

Hai variedade de terminacións para os xentilicios. Hoxe, Esther Estévez Casado traáenos os máis conflitivos en galego!

#DígochoEu

#DígochoEu: É o mesmo último que derradeiro?

 

É o mesmo último que derradeiro? A resposta dánola Esther Estévez Casado neste capítulo!

#DígochoEu