Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XIV

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 8. A saber: José Echegaray e Eizaguirre (1904-Literatura), Santiago Ramón e Cajal (1906-Fisioloxía e Medicina), Jacinto Benavente (1922-Literatura), Juan Ramón Jiménez (1956-Literatura), Severo Ochoa (1959-Fisioloxía e Medicina), Vicente Aleixandre (1977-Literatura), Camilo José Cela (1989-Literatura) e Mario Vargas Llosa (2010-Literatura).

E imos coa pregunta de hoxe!

14. É certo que Albert Einstein gañou o premio Nobel pola súa Teoría da Relatividade?

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova pregunta

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org  Imaxe: cambio16.com


#DígochoEu: En galego non dicimos nin *tacos nin *palabrotas

 

Non, en galego non dicimos nin *tacos nin *palabrotas. Como lle chamamos entón a esas palabras? Esther Estévez Casado danos as alternativas!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *aportación

 

*Aportación é un castelanismo moi habitual. Como dicimos entón? Esther Estévez Casado cóntanolo!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XII

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Emil Adolf von Behring. Iste médico alemán (1854-1917), obtivo o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1901, polos seus traballos sobre a difteria e a súa antitoxina. Foi precisamente o primeiro Nobel de Medicina da historia. Entre as referencias astronómicas na súa honra, atopamos o cráter von Behring da Lúa ou o asteroide (65685) Behring.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cantos premios Nobel ten España?

- 3

- 5

- 6

- 8

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XI

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Non chegou a recibilo nunca. Aínda que é certo que estivo nomeado en cinco ocasiones entre 1937 e 1948, este embaixador da paz nunca chegou a recibir tal premio. Para a maioría unha omisión imperdoable. A Academia Sueca decidiu declarar deserto o premio o ano en que Gandhi foi asasinado. O asasinato de Gandhi tivo lugar o 30 de xaneiro de 1948, en Nova Deli, India, cando se encamiñaba a unha reunión para rezar.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Que bacteriólogo alemán, gañador do nobel de Medicina en 1901, conta con varios honores relacionados coa medicina?

- Philipp E.A. von Lenard

- Adolf von Baeyer

- Emil Adolf von Behring

- Paul von Heyse

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 4)

 

Esther Estévez Casado segue cos capítulos para distinguir vogais abertas e pechadas. No de hoxe a cousa empeza a complicarse porque hai casos onde as dúas pronuncias son correctas!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL X

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 3. Ao longo da historia dos premios Nobel foron exactamente 3 persoas as que se atopaban encarceradas ao mesmo tempo que foron honradas co Nobel da Paz: o pacifista e xornalista alemán Carl von Ossietzky (en 1935); a opositora birmana Aung San Suu  Kyi (en 1991); e o disidente chinés Liu Xiaobo (en 2010).

E imos coa pregunta de hoxe!

10. En que ano recibíu o premio Nobel da Paz Mahatma Gandhi?

- 1939

- 1946

- 1948

- Non chegou a recibilo nunca.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 3)

 

Nos capítulos anteriores vimos moitos exemplos de palabras con vogais pechadas, así que toca que vaiamos abrindo o panorama. Esther Estévez Casado explícanolo!

#DígochoEu