Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XVIII

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Programa Mundial de Alimentos da ONU. A axencia da ONU merece o galardón da Paz "polos seus esforzos para combater a fame, pola súa contribución para mellorar as condicións de paz nas zonas afectadas por conflitos e por actuar como motor dos esforzos para previr o uso da fame como arma de guerra e conflito". As outras dúas organizacións citadas tamén recibiron este galardón nos anos 1917, 1944 e 1963 no caso do Comité Internacional da Cruz Vermella e 1990 no caso de Médicos Sen Fronteiras.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Os premios Nobel poden ser entregados a título póstumo?

- Si

- Non

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.es      Imaxe: muyinteresante.es e gallegorey.files.wordpress.com


#DígochoEu: Non digas *columpio

 

Nin *columpio nin *columpiarse son correctos en galego. Esther Estévez Casado traemos unha chea de termos que podes usar no seu lugar!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XVII

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 6. A saber: Jean Paul Sartre (1964-Literatura). Rexeitouno porque el tiña por regra rexeitar todo recoñecemento ou distinción e que os lazos entre o home e a cultura debían desenvolverse directamente, sen pasar polas institucións establecidas do sistema: “Por razóns que son persoais e por outras que son máis obxectivas, non quero figurar na lista de posibles laureados e nin podo nin quero, nin en 1964 nin despois, aceptar esta distinción honorífica”. Dise que 11 anos despois da polémica,  Sartre pediu os cartos do premio e a súa solicitude foi rexeitada. Boris Pasternak (1958-Literatura). Rexeitouno pola presión do réxime soviético:"Considerando o significado que este premio tomou na sociedade á que pertenzo, debo rexeitar este premio inmerecido que se me concedeu. Por favor, non tomen isto a mal". Gerhard Johannes Paul Domagk  (1939-Fisioloxía e Medicina), Rexeitouno ao ser forzado polo réxime nazi a non aceptalo. Recibiu finalmente en 1947. Le Duc Tho (1973-Paz) polos esforzos nos acordos de paz que puxeron fin á Guerra de Vietnam. Rexeitouno argumentando que o seu país aínda non estaba en paz, pero seguíu conservando o galardón. Adolf Friedrich Johann Butenandt (1939-Química). Rexeitouno xa que foi obrigado polo réxime nacionalsocialista no poder. Finalmente aceptouno en 1949. Richard Kuhn (1938-Química). Recibiuno en 1949, pois o réxime nazi prohibíralle facelo no seu momento.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. A quen se lle concedeu iste ano, 2020, o premio Nobel da Paz?

- Comité Internacional da Cuz Vermella

- Programa mundia de Alimentos da ONU

- Médicos Sin Fronteras

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org     Imaxe: marca.com

#DígochoEu: Moito ollo coas habitacións!

 

Habitación é correcto en galego, pero moito ollo co seu significado! Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XVI

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Malala Yousazfai. Ela, no ano 2014 gañou o Premio Nobel da Paz con tan só 17 anos. Lawrence Bragg gañou o Premio Nobel de Física en 1915, compartido co seu pai, polas súas investigacións pioneiras sobre a refracción e difracción dos raios X. Pola contra, Leonid Huewicz, recibiría o Premio Nobel de Economía a finais de 2007, converténdose aos seus 90 anos no laureado de maior idade na historia do galardón.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. Cantos galardoados co Nobel rechazárono ou foron obrigados a non aceptalo durante a historia destes premios?

- 1

- 3

- 5

- 6

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org   Imaxe: esefarad.com

#DígochoEu: É o mesmo raio que lóstrego?

 

É o mesmo raio que lóstrego? Esther Estévez Casado explícanolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Moito ollo con ir + infinitivo

 

Esta é unha das perífrases máis frecuentes do galego, pero hai que fixarse nun detalle para non meter a zoca! Atención a explicación de Esther Estévez Casado.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XV

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Falso. O físico alemán mereceu o recoñecemento da Academia Sueca en 1921 polo seu traballo sobre o efecto fotoeléctrico, un dos alicerces básicos da física  cuántica. Aínda que pareza mentira, Einstein non gañou o Nobel por formular a súa famosa Teoría da Relatividade pois o científico a quen se lle encomendou a tarefa de evaluala non a entendeu, e temeron correr o risco de que despois se demostrara errónea. Nesa época aínda era considerada un tanto controvertida.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Quen foi @ galardoad@ con premio Nobel de menor idade?

- Lawrence Bragg

- Malala Yousazfai

- Leonid Huewicz

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org     Imaxe: es.euronews.com