Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non escribas *grabar

 

Moitas veces equivocámonos co b ou o v en palabras que van ao revés do castelán. *Grabar é unha delas. Esther Estévez Casado danos a explicación.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *casilla

*Casilla non é unha palabra correcta en galego! Temos varios termos que podemos usar, dependendo do contexto, e Esther Estévez Casado, vainos propoñer eses termos alternativos.

#DígochoEu

A CULTURA A GOLPE DE CLIC

Para visitar o Museo do Prado fai falta dedicar moito tempo e estar en Madrid. Mentres non podamos volver contemplalo en directo, podemos achegarnos a el virtualmente.

Para que vexades como facelo, poñerei un exemplo.

A familia de Filipe IV, coñecida popularmente dende o século XIX como As Meninas , é probabelmente a obra máis importante do pintor español Diego Velázquez, realizada no ano 1656.

Para facer a visita virual preme AQUÍ. Para escoitar toda a información, preme nos auriculares.

Se che gustou, podes acceder a outros contidos e obras premendo en Museo del Prado.

A cultura a golpe de clic!

FONTE: museodelprado.es Imaxe: elpais.com

CANTO SABES DE GALICIA (FIN)

Remato, hoxe, coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretendeu facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é San Felipe. Este Castelo ou fortaleza foi construído no século XVI. Xunto a este castelo na ría tamén se atopan o Castelo da Palma e o Castelo de San Martín, hoxe en día en ruínas, que conformaban en conxunto o escudo defensivo da ría. Este sistema foi mandado proxectar polo capitán xeneral do Reino de Galicia, o marqués de Cerralbo aos enxeñeiros Fratín, Spanochi e Muñíz.

Espero que este percorrido, que nun principio naceu como unha idea de dez ou vinte preguntas e que rematou nun montón delas (podendo durar máis, pero nalgún momento tiña que rematar), servise para o que se proxectou.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: wikipwdia.es

CANTO SABES DE GALICIA LXXV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é…

1- Lugo. Monumento del Bimilenario, ubicado na Praza de Santo Domingo. Consta dunha aguia, obra de Santiago de Santiago, feita de bronce fundido inspirada nuha aguia imperial da época romana achada nas excavacións de O Courel, sobre unha columna de 15 m de altura, deseñada por Antonio González Trigo. A primeiro aguia, de ás pechadas, inaugurouse en decembro de 1976, pero na primavera do 1977 a aguia é substituída pola actual de ás abertas.

2 - Vigo. O Sireno, obra do escultor Francisco Leiro, preside a Porta do Sol. Sobre dúas columnas sitúase unha figura fundida en aceiro, representación dun personaxe imaxinario, híbrido de peixe e home, coa mirada posta no mar.

3 – A Coruña. O Millenium, monumento con forma de obelisco situado no Paseo Marítimo da Coruña. Ergueuse para conmemorar o inicio do século XXI. Ten 46 metros de altura e está feito en aceiro (2 toneladas) e 147 cristais de rocha, deseñados polo artista Gerardo Porto.

 4 – Ourense. Monumento a Concepción Arenal, ubicada na praza do mesmo nome, fronte ao Palacio de Xustiza. Estátua  en broce, con pedestal de granito, obra do segoviano Aniceto Marinas, no ao 1898.

E imos coa pregunta de hoxe!

75. Nesta fermosa imaxe amosa a ría de Ferrol. Ao fondo da mesma vese a fortaleza da Palma ou castelo de Nosa Señora da Palma, do século XVI, situada no concello de Mugardos. Nun primeiro plano, donde se tomou a fotografía, está outra fortaleza que protexe a ría. Como se chama?

- Santa Cruz

- San Antón

- San Felipe

- Do Cardeal

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: tripadvisor.co.uk

CANTO SABES DE GALICIA LXXIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é…

- A anguía en empanada e a lamprea escabechada.

- Lamprea e salmón pola Pascua a sazón.

- Escorredizo como unha anguía.

- Quen pesca con chaqueta cábenlle os peixes nunha pandeireta.

- Labrego con cana á porta pouco lle medra a horta.

- Pola boca more o peixe.

 E imos coa pregunta de hoxe!

74. Hai monumentos e lugares que son moi representativos de lugares de Galicia. Identifica as imaxes co lugar:

- Ourense

- Vigo

- Lugo

- A Coruña

Mañá a solución e a última proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es e Almanaque Agrícola ZZ ano 2015 Imaxe: esculturaurbana.com, galiciaenfotos.com, infohostal.com, http://guiaturisticadevigo.blogspot.com

CANTO SABES DE GALICIA LXXIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 76 km. Comezando esta, na desembocadura do río Barxas ou Troncoso (afluente pola esquerda) no Miño (limite da provincia de Ourense con Pontevedra) e rematando na desembocadura no oéano Atlántico, á altura da nosa localidad, en Camposancos (A Guarda-Pontevedra), que aparecía na fotografía de onte.

E imos coa pregunta de hoxe!

73. E falando de ríos, os nosos son ben coñecidos polas especies que albergan e o refraneiro popular pon a proba os teus coñecementos. Trata de completar istes refráns e ditos populares:

- A anguía en empanada e a lamprea _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _.

- Lamprea e salmón pola Pascua a _ _ _ _ _.

- Escorredizo como unha _ _ _ _ _ _.

- Quen pesca con chaqueta cábenlle os peixes nunha _ _ _ _ _ _ _ _ _ _.

- Labrego con cana á porta pouco lle medra a _ _ _ _ _.

- Pola boca more o _ _ _ _ _.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es e Almanaque Agrícola ZZ ano 2015 Imaxe: pescarmona.es

CANTO SABES DE GALICIA LXXII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Gondan. Este asteleiro atópase no porto de Figueras (Castropol-Principado de Asurias, fronte a Ribadeo-Lugo, separados polo río Eo e a súa ría. Foi fundado en 1925 por Francisco Díaz Martínez.

E imos coa pregunta de hoxe!

72. Son varios os ríos que fan de fronteira co país veciño de Portugal, como o río Limia, pero o río con maior número de quilómetros é o Miño. Cantos quilometros fai fronteira o río Miño?

- 76 km

- 86 km

- 96 km

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es e lavozdegalicia.es Imaxe:turismoengalicia.blogspot.com