Blogia
vgomez

DOCENCIA

BANDEIRAS DO MUNDO CVI

Esta é a bandeira de Turkmenistán​ (República de Turkmenistán/Türkmenistan Respublikasy), un país situado en Asia Central. Conta cunha poboación que rolda os 6 millóns de habitantes, sendo a súa capital Asjabad. Os idiomas oficiais son o turcomano e o ruso.

A bandeira presenta un fondo verde cunha franxa vermella na que aparecen cinco motivos representando alfombras típicas do país e as pólas da oliveira do emblema da ONU. Ademais, no rectángulo verde ten unha lúa crecente con cinco estrelas de cinco puntas. As cores verde e vermello que aparecen na bandeira, xa que foron venerados historicamente polos turcomanos. A Lúa de cuarto crecente (Vista desde o hemisferio norte), simboliza a esperanza do país dun futuro brillante e as estrelas representan as cinco provincias (welayatlar) de Turkmenistán: Balkan, Ahal, Dáşoguz, Lebap e Mary. Os cinco deseños de alfombras tradicionais ao longo do polipasto representan as cinco tribos principais ou casas, e forman os motivos no emblema do estado do país e a bandeira. Estas tribos turcomanas en orde tradicional (así como de arriba abaixo) son os Teke (Tekke), Yomut (Yomud), Saryk (Saryq), Chowdur (Choudur) e Arsary (Ersari). O deseño do medio tamén pode representar aos Salyr (Salor), unha tribo que diminuíu como resultado da derrota militar antes do período moderno.

FONTE: gal.wikipedia.org

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA XI

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Porque cheira horriblemente mal. Bromos, en grego,  significa "fedor", que describe con bastante precisión o terrible cheiro que produce o bromo (Br). Ten unha cor marrón avermellada metálica e o seu número atómico é 35.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Que é a electronegatividade, tan importante na táboa periódica?

- Á enerxía necesaria para eliminar un electrón dun átomo ou ión gasoso.

- A medida do tamaño dun átomo.

- A probabilidade de que un átomo forme unha ligazón química.

- A facilidade coa que un átomo acepta un electrón.

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA X

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Verdadeiro. O químico alemán Martin Heinrich Klaproth descubriu o uranio en 1789. William Herschel anunciara o descubrimento do planeta  Urano en marzo de 1781.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Por que lle puxeron ao Bromo precisamente ese nome?

 - Porque cheira horriblemente mal.

 - Porque en grego significa "inactivo".

 - Porque o seu achado xurdiu como unha broma.

 - Na honra ao Monte Bromo, volcán de Indonesia.

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

BANDEIRAS DO MUNDO CV

Esta é a bandeira de Serra Leoa (República de Serra Leoa/Republic of Sierra Leone), un país de África occidental con saída ao mar. Conta cunha poboación que supera os 7 millóns de habitantes, sendo a súa capital Freetown. O idioma oficial é o inglés.

A bandeira consta de tres franxas horizontais de igual tamaño, verde a superior (que simboliza a agricultura, as montañas e os recursos naturais), branca a intermedia (que simboliza a unidade e a xustiza) e azul a inferior (que simboliza o mar).

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO CIV

Esta é a bandeira de Ruanda (República de Ruanda/Repubulika e’ou  Rwanda/Republic of Rwanda/République du Rwanda), un país de África Oriental sen saída ao mar. Conta cunha poboación que rolda os 13 millóns de habitantes, sendo a súa capital Kigali. Os idiomas oficiais son kiñaruanda, francés, inglés e suajili.

A bandeira consta de tres franxas horizontais coas cores azul (a superior), amarelo (a situada no centro) e verde (a inferior). A franxa superior posúe un grosor do dobre de tamaño respecto ás dúas inferiores. No cuadrante superior máis afastado do mastro aparece representado o sol dentro da franxa azul, que representa a ilustración, á luz que aclara progresivamente a todo o pobo, isto traduce a unidade, a transparencia e a loita contra a ignorancia. A bandeira representa a unidade nacional, o respecto polo traballo, o heroísmo e a confianza no futuro.

FONTE: gal.wikipedia.org

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA IX

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Que a de Mendeléyev organiza os elementos en orde crecente de peso atómico e a moderna en orde crecente de número atómico. Na súa maior parte, a orde dos elementos é o mesmo entre ambas as táboas, pero hai excepcións.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. O uranio descubriuse por primeira vez pouco despois de que se observase o planeta Urano.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es Imaxe: zazzle.es

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA VIII

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Tecnecio (Tc). Foi o primeiro elemento fabricado artificialmente nun ciclotrón. É o elemento máis livián que ten só isótopos radioactivos (ningún é estable). Ten o número atómico 43.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é a principal diferenza entre a táboa periódica de Mendeléyev e a táboa moderna?

- Que a de Mendeléyev organiza os elementos en orde decrecente de peso atómico e a moderna en orde decrecente de número atómico.

- Que a de Mendeléyev organiza os elementos en orde decrecente de peso atómico e a moderna en orde crecente de número atómico. 

- Que a de Mendeléyev organiza os elementos en orde crecente de peso atómico e a moderna en orde decrecente de número atómico.

- Que a de Mendeléyev organiza os elementos en orde crecente de peso atómico e a moderna en orde crecente de número atómico.

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

BANDEIRAS DO MUNDO CIII

Esta é a bandeira de Perú (República do Perú), un país situado ao oeste de América do Sur. Conta cunha poboación que supera os 32 millóns de habitantes, sendo a súa capital Lima. O idioma oficial é o español, sendo cooficiais o quechua e o aimara.

A bandeira consta de de tres franxas verticais de igual anchura, sendo as bandas extremas de cor vermella e a central de cor branca. A cor vermella, segundo os historiadores, representa o sangue derramado de miles de heroes e  mártires que deron a vida por defender a súa patria e a súa xente. Mentres que a cor branca representa a liberdade, xustiza e paz no Perú.

FONTE: gal.wikipedia.org e peru.info/es-pe