Blogia
vgomez

DOCENCIA

BANDEIRAS DO MUNDO CII

Esta é a bandeira de Noruega (Reino de Noruega(Kongeriket Norge/ Kongeriket Noreg/Norga Gonagasriika), un país nórdico que ocupa a porción oeste da península escandinava. Conta cunha poboación que rolda os 5,4 millóns de habitantes, sendo a súa capital Oslo. Os idiomas oficiais son o noruegués, saami e kven.

A bandeira componse dun pano rectangular de cor vermella cunha cruz azul de bordo branco. As cores vermella, branca e azul simbolizan a liberdade.

FONTE: gal.wikipedia.org

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA VII

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Falso. A maioría son metais: os metais  alcalinos, as terras alcalinas, os metai básicos, os metais de transición, os lantánidos e os actínidos son todos grupos de metais.  

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Sabes cual foi o primeiro elemento químico fabricado artificialmente?

- Bohrio 

- Americio 

- Tecnecio

- Paladio

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA VI

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Teneso. Anteriormente coñecido como Ununseptium. Símbolo Ts. En 2010 científicos de Rusia e EE UU crearon o ununseptio, ocupa o posto 117 na táboa periódica.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. A maioría dos elementos na tabáboa periódica non son metáis.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

BANDEIRAS DO MUNDO CI

Esta é a bandeira de Malta (República de Malta/Repubblika ta’ Malta/Republic of Malta), un pequeno país europeo, que consta dun arquipélago de tres illas moi próximas unhas das outras, situadas ao sur da illa italiana de Sicilia, no mar Mediterráneo. Conta cunha poboación que rolda os 500.000 habitantes, sendo a súa capital A Valeta. Os idiomas oficiais son o maltés e o inglés.

A bandeira está composta por dúas franxas verticais do mesmo tamaño, de cores branca (a máis preta ao mastro) e vermella. No cuadrante superior máis preto ao mastro, na franxa branca, figura a Cruz de Xurxo perfilada en vermello. As dúas cores (branco e vermello) que figuran na bandeira teñen sido as das armas de Malta dende a Idade Media.

FONTE: gal.wikipedia.org

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA V

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Disprosio (Dy). O seu número atómico é 66 e a súa masa atómica 162,50. Trátase dun metal de transición incluído no grupo dos lantánidos ou terras raras de cor branca prata.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal destes elementos químicos non é radioactivo?

- Hasio

- Teneso

- Oganesón

- Lawrencio

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

BANDEIRAS DO MUNDO C

Esta é a bandeira de Liechtenstein (Pincipado de Liechtenstein/Fürstentum Liechtenstein), un minúsculo principado, sen saída ao mar,  do centro dá Europa, encravado nos Alpes, entre a Austria e a  Suíza. Conta cunha poboación que rolda os 38.000 habitantes, sendo a súa capital Vaduz. O idioma oficial é o alemán.

A bandeira consta de dúas bandas horizontais de igual tamaño, sendo a superior azul e a inferior vermella, cunha coroa de duque dourada no lado do mastro da banda de arriba. As cores é probable que deriven das da familia real do Principado no século XVIII. Dise que a franxa azul simboliza o ceo, a raia vermella representa o resplandor dos incendios durante as reunións nocturnas, e o ouro destácase pola unidade física e mental da nación, o estado, e a casa real.

FONTE: gal.wikipedia.org e banderas-mundo.e

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA IV

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Si. Trátase do einsteinio (Es), cuxo número atómico é 99 e foi descuberto en 1952 como subproducto da primeira explosión da bomba de hidróxeno.  

E imos coa pregunta de hoxe!

4. A que elemento químico corresponde o símbolo Dy?

- Disprosio

- Dubnio

- Darmstadio

- Deyterio

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

BANDEIRAS DO MUNDO XCIX

Esta é a bandeira das Illas Marshall (República das Illas Marshall/Republic of the Marshall Islands/Aolepān Aorōkin M̧ajeļ), un país insular ubicao no océano Pacífico, na rexión da Micronesia. Conta cunha poboación que rolda os 53.000 habitantes, sendo a súa capital Majuro. O idiomas oficiais son o inglés e o marshalés.

Na bandeira aparecen representadas simbolicamente as illas que conforman o país dentro do océano. A franxa ascendente colocada en diagonal representa o ecuador, a estrela branca situada na parte superior da bandeira simboliza este arquipélago situado no Hemisferio Norte. As cores laranxa e branca representan, respectivamente, a coraxe e a paz e tamén as dúas cadeas de illas do arquipélago das Illas Marshall: Ratak Chain e Ralik Chain. A estrela branca posúe vinte e catro puntas, unha por cada distrito electoral do país.

FONTE: gal.wikipedia.org