Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA III

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Dmitri  Mendeléyev. Este químico ruso (1834-1907) estivo a piques de conseguir o Nobel de Química por iso, pero a intervención dun rencoroso colega, o químico sueco Svante August Arrhenius, truncou dita concesión.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Hai algún elemento da táboa adicado a Albert Einstein?

-

- Non 

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es

BANDEIRAS DO MUNDO XCVIII

Esta é a bandeira de Guatemala (República de Guatemala), un país situado na América Central no seu extremo noroccidental. Conta cunha poboación que rolda os 16 millóns de habitantes, sendo a súa capital Cidade de Guatemala. O idioma oficial é o español.

A bandeira consta de tres franxas verticais, unha branca entre dúas celestes. No centro da franxa central aparece o Escudo Nacional. A cor branca representa a pureza, a integridade, a fe, a obediencia, a firmeza, a vixilancia, a paz e a nación. A cor azul simboliza a xustiza, a lealdade, a dozura, a fortaleza, o ceo guatemalteco e os dous mares, o océano Pacífico e o Caribe, que bañan as costas do oeste e leste do país, respectivamente.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XCVII

Esta é a bandeira de Eslovaquia (República Eslovaca/Slovenská republika), un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Conta cunha poboación que rolda os 5,5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Bratislava. O idioma oficial é o eslovaco.

A bandeira está composta por tres franxas horizontais das mesmas dimensións. A franxa superior é de cor branca, a central é azul e a inferior é de cor vermella escura. Na parte central da bandeira, lixeiramente desprazado cara ao bordo máis próximo ao mastro, figura o escudo nacional.

FONTE: gal.wikipedia.org

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA II

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é 150 anos. En 1869 presentouse o sistema de ordenación dos elementos. Agora converteuse nunha icona da ciencia e a cultura e para conmemorar o seu século e medio de vida, Nacións Unidas declarou 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Quen creou a táboa periódica?

- Heinrich Rudolf Hertz

- Robert Boyle

- William Ramsay

- Dmitri Mendeléyev

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA

A táboa periódica dos elementos é unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

Nos vosos estudos estivo presente, pero canto lembras dela? Ímolo averiguar. Anímaste? Comezamos!

1. O ano pasado, 2019, foi o Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos. Cantos anos cumpríu a táboa periódica?

- 100

- 150

- 200

- 250

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

BANDEIRAS DO MUNDO XCVI

Esta é a bandeira de Chipre (República de Chipre (Κυπριακή Δημοκρατία/ Kıbrıs Cumhuriyeti), un país que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo. Conta cunha poboación que rolda o millón de habitantes, sendo a súa capital Nicosia. Os idiomas oficiais sin o grego e o turco.

A bandeira amosa un mapa enteiro da illa de cor cobre (metal que lle deu fama á illa durante toda a súa historia e do que deriva o seu nome), con dúas ramas de oliveira na parte de abaixo, sobre fondo branco (tanto a cor como as ramas de oliveira son símbolos da paz).

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XCV

Esta é a bandeira de Belice (Belize). un pequeno país de América Central, ribeirego do mar Caribe. Anteriormente coñecida como Honduras Británica, conta cunha poboación que rolda os 400.000 habitantes, sendo a súa capital Belmopán. O idioma oficial é o inglés convivindo co idioma máis falado, o español.  

A bandeira está composta por un pano azul marcado por dúas franxas vermellas nas beiras superiores, e no centro un disco branco no que está inscrito o escudo de Belize. A cor azul representa ó Partido Unido. As franxas vermellas, ó partido opositor e as cincuenta follas, a subida ó poder do PUP.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XCIV

Esta é a bandeira de Alxeria (República Democrática e Popular de Alxeria /الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية / ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ),  un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. Conta cunha poboación que rolda os 42 millóns de habitantes, sendo a súa capital Alxel. Os idiomas oficias son o árabe e o tamazight.

A bandeira está composta por dúas metades, unha verde xunto á hasta e outra branca ao batente. Ao centro da bandeira sitúase unha media lúa minguante xunto a unha estrela de cinco puntas, ambas as de cor vermella. A cor branca representa a pureza, mentres o verde e a media lúa representan ao islam.

FONTE: gal.wikipedia.org