BANDEIRAS DO MUNDO XCIV
Esta é a bandeira de Alxeria (República Democrática e Popular de Alxeria /الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية / ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. Conta cunha poboación que rolda os 42 millóns de habitantes, sendo a súa capital Alxel. Os idiomas oficias son o árabe e o tamazight.
A bandeira está composta por dúas metades, unha verde xunto á hasta e outra branca ao batente. Ao centro da bandeira sitúase unha media lúa minguante xunto a unha estrela de cinco puntas, ambas as de cor vermella. A cor branca representa a pureza, mentres o verde e a media lúa representan ao islam.
FONTE: gal.wikipedia.org
0 comentarios