CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XIV
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é ENIAC. O Electronic Numerial Integrator And Computer (ENIAC, "Computador e Integrador Numérico Electrónico"), foi a primeira computadora de propósito xeral. Era Turing-completa, dixital, e susceptible de ser reprogramada para resolver «unha extensa clase de problemas numéricos». Foi inicialmente deseñada para calcular táboas de tiro de artillaría destinadas ao Laboratorio de Investigación Balística do Exército dos Estados Unidos de América. Pero hai que facer unha precisión, unha humilde calculadora mecánica chamada Z1 é considerada con gran consenso en todo o mundo como a primeira computadora do mundo. Con todo, as controversias neste sentido viran a que o dispositivo non ofrecía un propósito xeral. Por este simple motivo en certos aspectos non pode considerarse como unha verdadeira computadora, xa que só podía facer cálculos matemáticos.
E imos coa pregunta de hoxe!
14. Cal foi o primeiro país en independizarse de España en América?
- Chile
- Haití
- Venezuela
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: ambito.com/tegnologia e mapadeamerica.net
0 comentarios