UN CLÁSICO DO VERÁN: A TAPA DE POLBO MÁIS GRANDE DO MUNDO
Como aperitivo da 64 Festa do Pulpo de Carballiño (Ourense), que coincide sempre coa Festa do Monte de A Guarda (Pontevedra), celebrouse o intento anual de conquerir a a tapa de polbo máis grande do mundo en menos de dez minutos.
Os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño volvérono a facer. O municipio bateu unha vez máis a súa propia marca ao elaborar a tapa de polbo máis grande do mundo en menos de dez minutos. Este martes, un total de 610 quilos de produto cubriron un prato de 5,37 metros de diámetro instalado no centro da Praza Maior, dez quilos máis que na edición de 2025. Un desafío que crece ano tras ano e todo apunta a que seguirá facéndoo.
A expectación levaba horas cociñándose mesmo antes de que sacasen os polbos das caldeiras. A cola para degustar unha das 1.800 racións estendíase máis aló da Rúa Principal, onde a espera congregaba a veciños e visitantes para probar unha elaboración que requiriu 8 quilos de sal, 55 de aceite e 3 de pemento. Unha antesala do que agarda este domingo no Parque Municipal, convertido un verán máis no gran templo do polbo en Galicia.
“É un orgullo conseguir isto todo os anos. Leva moitísimo traballo e planificación”, afirmaba o presidente da Asociación de Pulpeiras do Carballiño, Suso Pereira, aínda coas tesoiras na man e coa mirada posta xa na próxima edición, calculando cantos quilos de polbo farán falta para volver superar a marca.
Entre os preto de medio centenar de pulpeiros que fixeron posible este reto tamén se enfundó o mandil o tenente de alcalde, José Castro, que botou unha man durante a preparación. Tras as últimos cortes e co obxectivo cumprido, deixou clara a ambición do Concello de cara ao futuro: “Isto non debe deixar de crecer, e vos que estamos aquí tampouco”.
Pero reunir a tanta xente ao redor das caldeiras, cada verán, ten a súa cara menos visible. Para as pulpeiras, o maior reto non está só en cortar centos de quilos de polbo ante a mirada dun público atento; está en soportar a intensa calor que desprende a auga de cocción e manter un ritmo de traballo sen perder precisión. Este ano, iso si, as temperaturas deron tregua e permitiron afrontar a xornada en condicións moito máis levadías.
A cita reuniu de novo a fieis que non perdoan esta tradición estival e a quen acudía por primeira vez para presenciar un espectáculo gastronómico único no Carballiño. E se algo quedou claro este martes, é que a marca volverá poñerse a proba o próximo ano, e quen sabe ata cando seguirá medrando.
FONTE: laregion.es
0 comentarios