Blogia
vgomez

DOCENCIA

BANDEIRAS DO MUNDO XCIII

Esta é a bandeira de Vietnam (República Socialista de Vietnam/Cộng hòa Xã hội chủ nghĩa Việt Nam), o país máis oriental da Península de Indochina, no sueste asiático. Cunha poboación estimada de 90 millóns de habitantes, ten a súa capital en Hanoi. O idioma oficial é o vietnamita.

A bandeira  contén un campo vermello cunha gran estrela amarela de cinco puntas no centro, o vermello simboliza a revolución e do sangue, a estrela de cinco puntas representa os cinco elementos da poboación  (os campesiños, obreiros, intelectuais, comerciantes e soldados) que se unen para construír o socialismo

FONTE: gal.wikipedia.org e ecured.cu

BANDEIRAS DO MUNDO XCII

Esta é a bandeira de Tonga (Reino de Tonga/Pule’anga Fakatu’i ’o Tonga/Kingdom of Tonga), un pequeno país situado ao leste de Australia e ao nordés de Nova Zelandia, ao sur do Océano Pacífico. Conta cunha poboación que rolda os 110.000 habitantes, sendo a súa capital Nukuʻalofa.

A bandeira é de cor vermella cunha cruz vermella en negrita nun rectángulo branco na esquina do alzar-lado superior, a cruz reflicte o cristianismo arraigado en Tonga, o vermello representa o sangue de Cristo e o seu sacrificio, o branco significa pureza. É moi semellante á da Cruz Vermella; de feito, nun principio era idéntica a esta, mais para evitar a confusión, foi substituída de xeito que o cruceiro vermello aparecese como un cantón similar ó das bandeiras da mariña mercante británica dende o século XVII. 

FONTE: gal.wikipedia.org e si-educa.net

BANDEIRAS DO MUNDO XCI

Esta é a bandeira de Serbia (República de Serbia/Република Србија), un país situado na península balcánica, no sueste de Europa. Conta cunha poboación que rolda os 7 millóns de habitantes, sendo a súa capital Belgrado.

A bandeira é tricolor, con tres franxas horizontais iguais, sendo vermella a de arriba, azul a do medio e branca a de abaixo. Son as cores do paneslavismo, que representan a liberdade e os ideais revolucionarios. O escudo de armas de Serbia aparece centrado verticalmente e desprazado cada o lado do mastro unha sétima parte da lonxitude total do pavillón, representa un aguia bicéfala de cor branca que sostén un escudo vermello colocado sobre o fondo vermello. Por encima da cabeza da aguia, atópase unha coroa inspirada na coroa dos tsares de Serbia.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XC

Esta é a bandeira da República Dominicana, un país que ocupa algo máis dos dous terzos orientais da illa de Santo Domingo ou A Española, no arquipélago das Antillas. Conta cunha poboación que rolda os 10 millóns de habitantes, sendo a súa capital é Santo Domingo de Guzmán. O idioma oficial é español.

A bandeira ten unha cruz no centro que se estende cara as extremidades e divide a bandeira en catro rectángulos: os de arriba son azul (no lado do mastro) e vermello, e os de abaixo son vermello (no lado do mastro) e azul. No centro da cruz ten un escudo cunha póla de oliveira (esquerda) e unha póla de palma (dereita). Enriba do escudo hai unha cinta azul co lema nacional: Deus, Patria, Liberdade. Debaixo do escudo hai outra cinta, desta volta vermella, coas palabras República Dominicana escritas nela. O vermello representa o sangue derramado polos patriotas nas batallas por alcanzar a independencia do país. O azul simboliza o ceo que cobre a patria e desde o cal Deus protexe e coida a nación e os ideais dos dominicano. O branco representa a paz e unión entre o pobo dominicano.

FONTE: gal.wikipedia.org e significados.com

BANDEIRAS DO MUNDO LXXXIX

Esta é a bandeira de Papúa Nova Guinea (Estado Independente de Papúa Nova Guinea/Independent State of Papua New Guinea/Independen Stet bilong Papua Niugini/Papua Niu Gini)), un país de Oceanía que ocupa a metade oriental da Illa de Nova Guinea, e unha serie de illas e arquipélagos, ao leste e ao nordeste, aínda que sempre na Melanesia. Conta cunha poboación que rolda os 8 millóns de habitantes, sendo a súa capital Poto Moresby. Os idiomas oficiais son o Inglés, tok pisin e hiri motu.

A bandeira está dividida pola súa diagonal descendente (respecto ao lado máis próximo ao mastro). A metade superior da bandeira é de cor vermella e no seu interior figura a silueta dunha ave do paraíso de cor amarela. A metade inferior da bandeira é de cor negra e nela aparece representada por cinco estrelas brancas de cinco puntas a constelación da Cruz do Sur. O vermello e o negro son dúas cores moi usados por moitas tribos de Papúa e Nova Guinea.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO LXXXVIII

Esta é a bandeira de Malí (República de Malí/République du Mali), un país sen litoral situado en África Occidental. Conta cunha poboación que rolda os 18 millóns de habitantes, sendo a súa capital Bamako. O idioma oficial é o francés.

A bandeira consta de tres bandas de color verde, amarelo e vermello. A cor verde da primeira banda significa a esperanza, o verdor dos prados e dos campos. O amarelo refírese a riqueza mineral do país, e o vermello é o sangue verquido por defender a terra da ocupación estranxeira e a liberación do xugo colonial.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO LXXXVII

Esta é a bandeira de Liberia (República de Liberia/Republic of Liberia), é un país ubicado na costa oeste de África. Conta cunha poboación que rolda os 5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Monrovia. O idioma oficial é o inglés.

A bandeira, moi semellante á bandeira dos Estados Unidos de América, está composta por 11 franxas vermellas e brancas. O cuadrante superior máis próximo ó mastro é de cor azul pero só contén unha estrela branca de cinco puntas no seu interior. As once franxas representan os once asinantes da Declaración de Independencia de Liberia e as cores vermella e branca simbolizan a coraxe e a excelencia moral. A estrela branca alude á liberdade obtida polos antigos escravos sobre o azul que simboliza, a terra africana.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO LXXXVI

Esta é a bandeira de Kuwait (Estado de Kuwait/دولة الكويت), un país árabe situado no suroeste asiático, ao norte da Península Arábica, sobre o Golfo Pérsico. Conta cunha poboación que rolda os 4 millóns de habitantes, sendo a súa capital Kuwait. O idioma ficial é o árabe.

A bandeira está formada por tres bandas horizontais de igual anchura e dun trapecio situado xunto ao mastro, a anchura do cal, representa un cuarto da bandeira. As cores son os típicos do  panarabismo e son inspirados dun poema de Safie Ao-Deen Ao-Hili: O negro simboliza a derrota dos inimigos sobre o campo de batalla. O vermello representa un sabre manchado polo sangue. O branco é a pureza das accións. O verde é a fertilidade do país.

FONTE: gal.wikipedia.org