Blogia
vgomez

DOCENCIA

BANDEIRAS DO MUNDO LXXXV

Esta é a bandeira de Irlanda (República de Irlanda/Poblacht na hÉireann/Republic of Ireland) para diferenciala de Irlanda do Norte.​ É un país, membro da Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. Conta cunha poboación que rolda os 5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Dublín. Os idiomas ficiais son o irlandés e o inglés.

A bandeira está composta por tres franxas verticais de iguais dimensións: verde (lado do mastro), branca e laranxa. A franxa alaranxada simboliza aos protestantes de Irlanda e a verde representa aos católicos do país. A franxa branca representa a paz que eventualmente chegará entre eles.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO LXXXIV

Esta é a bandeira de Grecia (República Helénica/Ελληνική Δημοκρατία), un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica). Conta cunha poboación que rolda os 11 millóns de habitantes, sendo a súa capital Atenas. O idioma oficial é o grego.

A bandeira está composta por nove franxas horizontais de idénticas dimensións de cores azul e branco que se alternan, sendo a franxa situada na parte superior da bandeira de cor azul. No ángulo superior máis próximo ao mastro sitúase un cadrado azul cunha cruz branca que é símbolo da Igrexa Ortodoxa Grega. As nove franxas representan o número de sílabas da frase "Ελευθερία ή Θάνατος" (E-lef-the-rì-a i Thà-na-tos) que significa "liberdade ou morte", que é o lema nacional. O azul representa o mar e o branco o ceo.

FONTE: gal.wikipedia.org e lifeder.com

BANDEIRAS DO MUNDO LXXXIII

Esta é a bandeira de Eritrea (Estado de Eritrea/ሃገረ ኤርትራ/دولة إرتريا/Stato dell’Eritrea), un país situado ao noreste de África. Conta cunha poboación que rolda os 4 millóns de habitantes, sendo a súa capital Asmara. Os idiomas oficiais son italiano, tigriña e árabe.

A bandeira está formada por catro cores, tres das cales son propias do panafricanismo. O verde simboliza a economía agrícola e gandeira, o vermello significa o sangue derramado durante a loita pola independencia, o azul representa a riqueza mariña e o amarelo representa a riqueza mineral do país. A coroa de oliva e a póla na bandeira proveñen da primeira bandeira nacional de Eritrea usada entre 1952 e 1961, a coroa de oliveira foi adoptada da bandeira das Nacións Unidas e simboliza a paz.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO LXXXII

Esta é a bandeira de Chad (República do Chad/République du Tchad/جمهورية تشاد) é un país ubicado en África central, sen litoral. Conta cunha poboación que rolda os 15 millóns de habitantes, sendo a súa capital Yamena. Os idiomas oficiais son francés e árabe.

A bandeira está formada por tres franxas verticais, sendo azul a máis próxima ao pau, amarela a central e vermella a máis afastada ao pau. As cores da bandeira de Chad xorden da combinación das cores da bandeira de Francia (antiga metrópole) e as cores tradicionais do panafricanismo. A franxa azul representa o ceo, a esperanza, a agricultura e as augas no sur de Chad; a franxa amarela simboliza o sol e o deserto no norte de Chad; e a franxa vermella simboliza o progreso, a unidade e o sacrificio.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO LXXXI

Esta é a bandeira de Bélxica (Reino de Bélgica/Koninkrijk België/Royaume de Belgique/Königreich Belgien), un país membro da Unión Europea, situado no noreste europeo. Conta cunha poboación que rolda os 11 millóns de habitantes, sendo a súa capital Bruselas. Os idiomas oficiais son neerlandés, alemán e francés.

A bandeira componse de tres bandas verticais iguais de cor negro, amarelo e vermello. Estas cores son característicos da provincia de Brabante. Os rebeldes de  Brabante levaban estas cores durante o levantamento contra Austria no século 18. Por segunda vez, o  tricolor apareceu durante o levantamento contra Guillermo I dos Países Baixos. Este motín, a diferenza do anterior, foi un éxito, é por iso que a bandeira evoca a loita pola independencia e a liberdade.

FONTE: gal.wikipedia.org e simbologiadelmundo.com

BANDEIRAS DO MUNDO LXXX

Esta é a bandeira de Angola (República de Angola), un país da costa occidental de África. A sua poboación rolda os 30 millóns de habitantes, sendo a súa capital Luanda. O idioma oficial e o portugués.

A bandeira está dividida horizontalmente en dúas metades, unha franxa superior vermella e unha parte inferior negra. A cor vermella simboliza o sangue derramado polo pobo durante a loita pola independencia e o negro simboliza ó continente africano. O símbolo do centro, en cor amarelo, componse dunha roda dentada entrecruzada cun machete e unha estrela. A roda dentada representa ós traballadores industriais, o machete ós campesiños agricultores, e a estrela o progreso e a solidariedade internacional.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO LXXIX

Esta é a bandeira de Uzbekistán (República de Uzbekistán/Ўзбекистон Республикаси), unha república ex-soviética de Asia Central. A sua poboación rolda os 33 millóns de habitantes, sendo a súa capital Taskent. Os idiomas oficiais son o uzbeko e o ruso.

A bandeira está formada por tres franxas, de igual tamaño, coas cores azul claro, branco e verde. A franxa branca central esta delimitada, superior e inferiormente por una liña vermella. Na franxa superior, azul clara, aparece a lúa crecente e 12 estrelas, en branco. A cor azul representa o ceo, a branca representa a xustiza, e a verde representa a hospitalidade. As dúas raias vermellas representan a forza. A lúa crecente representa a renovación e o reaparecer do país, ademais da base islámica tradicional. As 12 estrelas representan as 12 divisións administrativas (viloyat) do país.

FONTE: gal.wikipedia.org

HOXE PERIHELIO

Aínda que agora mesmo te atopes inmóbil, sentado nunha cadeira, o certo é que se está movendo a unha velocidade incrible. Concretamente, a 110.700 Km/h. A 30,75 Km/s. E a pesar de que non se nota nada, este domingo día 5 de xaneiro de 2020 a Terra, onde se aposentan os teus pés, atópase movéndose ao redor do Sol a "máxima potencia". E a que se debe?

A resposta é a súa órbita elíptica: o noso planeta ten un percorrido ovalado no que o Sol non está exactamente no centro. Este domingo, xusto ás 8:48 (hora peninsular), a Terra acada o perihelio, que é o punto máis próximo á estrela. En concreto, o noso planeta atoparase a algo máis de 147 millóns de quilómetros. A gravidade que exerce o Sol sobre a Terra, que é maior ao estar máis preto, provoca a maior velocidade orbital, cunha aceleración de 3.420 Km/h respecto a a velocidade media do noso planeta, que se sitúa nos 107.280 Km/h.

Pola contra, no momento do afelio (cando a Terra está no punto máis afastado do Sol, e que este ano terá lugar o 4 de xullo), a súa velocidade será de 2 Km/s menos. É dicir, "desaceleraremos" nosa velocidade orbital.

Este fenómeno foi descuberto polo matemático Johannes Kepler, quen grazas ás notas dun dos seus mestres, o astrónomo danés Tycho Brahe, quen se decatou da órbita elíptica da Terra. Isto levoulle a definir a que hoxe se coñece como primeira lei de Kepler: "Os planetas describen órbitas elípticas ao redor do Sol, que ocupa un dos focos da  elipse".

Pero seguiu máis aló e na segunda Lei de Kepler enunciou que "a liña que une a un dos planetas co sol varre áreas iguais en tempos iguai". Isto explica como varía a velocidade dun planeta nos diferentes puntos da súa órbita e como aumenta a súa velocidade canto máis preto está da estrela.

Así, a velocidade orbital dun planeta será menor, a maior distancia do Sol, e a distancias menores a velocidade orbital será maior. A distancia media do Sol é en media de 150 millóns de quilómetros. No afelio alcanza os 152,09 millóns de quilómetros e no  perihelio baixa a 147,10 millóns de quilómetros de distancia.

FONTE: abc.es/ciencia