Blogia
vgomez

DOCENCIA

BANDEIRAS DO MUNDO CX

Esta é a bandeira do noso país, España (Reino de España), un país transcontinental, membro da Unión Europa, situado tanto ao sur de Europa Occidental como no norte de África. Conta cunha poboación que supera os 47,5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Madrid. O idioma oficial é o castelán, convivindo con outras cooficiales coma o noso idioma, o galego, entre outras.

A bandeira está formada por tres franxas horizontais, vermella, amarela e vermella, sendo a amarela de dobre anchura que cada unha das vermellas. Na  franxa central, adoita aparecer o escudo de España. A histórica dá a seguite explicación ás cores da bandeira de Española: A cor amarela representa o ouro das Américas e o vermello ao sangue derramado polos españois nos diferentes conflitos e guerras como símbolo da defensa da unidade de España, é dicir como memoria a todos os españois que deron o seu sangue pola Nación.

FONTE: wikipedia.org e comprarbanderas.e

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA XV

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é 63 elementos. A primeira versión da Táboa Periódica presentouse en 1869 con só 63 elementos, o número que ata entón era coñecido.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Todas as letras do alfabeto aparecen na táboa periódica?

- Si

- Non

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

BENDEIRAS DO MUNDO CIX

Esta é a bandeira da Cidade do Vaticano (Estado da Cidade do Vaticano/Status Civitatis Vaticanæ/Stato della Città doVaticano), un Estado sen saída ao mar, cuxo territorio consta dun enclave ​dentro da cidade de Roma, na península itálica, sendo o país máis pequeno en extensión e poboación do mundo. Conta cunha poboación que rolda os 1000 habitantes, sendo a súa capital Cidade do Varicano. Non ten idioma oficial, pero promulga as súas leis e regulamentos en idioma italiano, e o latín é o idioma oficial da Igrexa católica.

A bandeira consiste en dúas bandas verticais de cores amarelo e branco coas chaves de San Pedro cruzadas e a Tiara Papal centrada na banda branca. É unha das dúas bandeiras estatais cadradas do mundo, sendo a bandeira de Suíza a outra. A cor branca simboliza o ceo e a Graza de cristo. O amarelo representa ás chaves de ouro, símbolo de San Pedro e da suprema autoridade do Santo Pai.

FONTE: gal.wikipedia.org e lifeder.com

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA XIV

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Copernicio. Antonio de Ulloa, Fausto Delhuyar e Andrés Manuel del Río son científicos responsables de que estes elementos platino (Pt),  wolframio ( W) e  vanadio (V) formen parte da táboa periódica.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Cantos elementos tiña a primeira versión da táboa periódica?

- 61 elementos

- 62 elementos

- 63 elementos

- 64 elementos

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

CANTO SABES DA TÁBOA PARIÓDICA XIII

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Si. Un equipo de académicos do Imperial Tech Foresight (ITF) crearon unha táboa periódica con 100 tecnoloxías disruptivas que revolucionaron o mundo como as criptodivisas á agricultura vertical, os vehículos autónomos, os robots, os drons....

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal destes elementos químicos non foi descuberto por científicos españois?

- Copernicio

- Wolframio

- Platino

- Vanadio

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

BANDEIRAS DO MUNDO CVIII

Esta é a bandeira de Belarús (República de Belarús/Рэспубліка Беларусь/Respúblika Belarús), un país sen litoral situado en Europa Oriental que formou parte da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) ata 1991. Conta cun ha poboación que supera os 9,5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Minsk. Os idiomas oficiais son o ruso e o belaruso.

A bandeira está composta por un pano rectangular formado por dúas franxas longitudinais: unha superior de cor vermella e unha inferior de cor verde, correspondentes a dous terzos e un terzo do ancho da bandeira, respectivamente. Unha franxa vertical branca en vermello con deseños decorativos belarusos ocupa un noveno da lonxitude da bandeira e sitúase xunto á hasta. A cor vermella da bandeira representa o pasado histórico do país. O verde representa o futuro esperanzador de Belarús e aos bosques do país. Xunto á hasta atópase un deseño decorativo que representa a cultura e a unidade do pobo belaruso.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO CVII

Esta é a bandeira de Arxentina (República de Arxentina), un país de América do Sur, situado no extremo sur e sueste do devandito subcontinente. Conta cun ha poboación que supera os 45 millóns de habitantes, sendo a súa capital Bos Aires. O idioma oficial é o español.

A bandeira está composta por tres franxas horizontais de igual tamaño, sendo de cor celeste as franxas superior e inferior, e branca a central. No centro da franxa branca leva un sol con cara humana. Xeralmente adoitouse asociar as cores da bandeira coas cores do firmamento, onde o sol, o branco e o azul celeste actúan como representación do ceo. Con todo, as cores da bandeira arxentina coinciden coas cores dos vestidos da Virxe da Inmaculada Concepción, tradicionalmente albicelestes, como símbolo precisamente do ceo. No centro da franxa branca da bandeira atópase un sol con rostro humano coñecido como sol de maio, sol incaico ou sol de guerra, que representa a revolución de maio, que tivo lugar na cidade de Bos Aires o día 25 de maio de 1810, día en que se iniciou o proceso de independencia do Virreinato do Río da Prata de España.

FONTE: gal.wikipedia.org e significados.com

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA XII

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é A probabilidade de que un átomo forme unha ligazón química. A electronegatividade aumenta movéndose de esquerda a dereita e diminúe movéndose cara abaixo nun grupo. Os gases nobres son unha excepción, cunha electronegatividade próxima a cero.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Falamos da Táboa Periódica dos elementos químicos pero, existe tamén unha táboa periódica da Tecnoloxía?

- Si

- Non

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es