Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA XIX

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Oganesón. Como dicia, os elementos sintéticos só poden ser creados artificialmente. Ata o momento os científicos foron capaces de crear 27 deles, cuxos números atómicos van do 95 ao 118. Todos son inestables, descompóñense co tempo e contan con vidas medias que poden ir desde os 15,6 millóns de anos a uns poucos centos de microsegundos. Entre eles atópase o Oganesón, motivo da pregunta, de símbolo  Og e o cal é o elemento máis pesado sintetizado ata o momento.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. Curioso verdade?, pero non todo van ser elementos raros. A ver se sabes cal é o elemento máis abundante do universo....

- Carbono

- Ferro

- Hidróxeno

Mañá a solución e a unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es Imaxe: elpaís.com

BANDEIRAS DO MUNDO CXIV

Esta é a bandeira de Mauritania (República Islámica de Mauritania/الجمهورية الإسلامية الموريتانية/Yumhuriya Islamiya Mauritaniya), un país ubicado no noroeste de África. Conta cunha poboación que rolda os 4,5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Nuakchot. O idioma oficial é o árabe.

A bandeira consiste nun fondo de cor verde no que figuran unha lúa crecente de cor amarela situada baixo unha estrela de cinco puntas da mesma cor. As cores verde e amarela están asociadas co panafricanismo. O verde tamén é un símbolo do islam e o amarelo do deserto do Sahara. A lúa crecente e a estrela son considerados símbolos no islam, a relixión maioritaria de Mauritania.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO CXIII

Esta é a bandeira de Luxemburgo (Gran Ducado de Luxemburgo/Groussherzogtum Lëtzebuerg/Grand-Duchei de Luxembourg/Groß herzogtum Luxemburg), un pequeno país de Europa Occidental que forma parte da Unión Europea. Conta cunha poboación que supera os 600.000 habitantes, sendo a súa capital Luxemburgo. Os idiomas oficiais son o luxemburgués, francés e alemán.

A bandeira consiste en tres bandas horizontais, vermella, branca e azul. As cores foron tomados do escudo de armas do Gran Ducado, o cal representa un león de dúas colas de cor vermella sobre un fondo vermello e azul.

FONTE: gal.wikipedia.org e lifeder.com

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA XVIII

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Mercurio. Estaba claro, case todos vimos algunha vez un termómetro. De feito o  mercurio foi coñecido polos antigos gregos por outro nome: hydrargyros, palabra formada polos vocábulos hydros, auga; e argiros, prata, é dicir, prata líquida.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Doutra banda, non todos os elementos da táboa periódica atópanse na natureza de maneira libre, ou polo menos aquí na Terra. Algúns deles foron sintetizados nun laboratorio, motivo polo cal reciben o nome de elementos sintéticos. Sabes cal destes elementos foi "creados de maneira artificial"?

- Cloro

- Circonio

- Plutonio

- Oganesón

Mañá a solución e un ha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es Imaxe: es.wikipedia.org

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA XVII

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Metáis. Aínda que poida parecer o contrario, o que máis abunda na táboa periódica son os metais. De feito existen tan só 20 elementos non metálicos e 7 elementos clasificados como metaloides. Os 91 elementos restantes son metais.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. E falando de metais, sabes cal é o único metal que podemos atopar na Terra en condicións normais na Terra en estado líquido?

- Manganeso

- Mercurio

- Chumbo

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixina nationalgeographic.com.es

BANDEIRAS DO MUNDO CXII

Esta é a bandeira de Israel (Estado de Israel/מְדִינַת יִשְרָאֵל دولة إِسرائيل), un país de Oriente Próximo que se atopa na ribeira  sudoriental do mar Mediterráneo, que conta cunha poboación preto dos 9 millóns de habitantes, sendo a súa capital Xerusalén, reivindicada como capital tanto por Israel (actual administrador) coma polo Estado de Palestina. Os idiomas oficiais son o hebreo e o árabe.

A bandeira está composta por dúas raias azuis do mesmo tamaño que non chegan á beira da mesma sobre fondo branco. A Estrela de David, tamén de cor azul, sitúase no centro. O branco simboliza a luz, honestidade, inocencia e a paz. O azul simboliza a confianza, a lealdade, a sabedoría, a intelixencia, a fe, a verdade e o ceo.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO CXI

Esta é a bandeira de Guinea (República de Guinea/République de Guinée), ás veces chamada Guinea-Conakri para diferenciala doutros países africanos como o seu veciño Guinea-Bisáu ou Guinea Ecuatorial. É un país de África occidental, que conta cunha poboación que supera os 12 millóns de habitantes, sendo a súa capital Conakri. O idioma oficial é o francés.

A bandeira está composta por tres franxas verticais do mesmo tamaño, de cor vermella (a máis preto do mastro), amarelo (a central) e verde. O vermello foi adoptado en homenaxe dos que morreron na loita contra o colonialismo. É a cor vinculado cos traballadores da industria e do campo, razón pola que tamén se asocia co termo "Traballo" do lema nacional. O amarelo é o símbolo do ouro guineano e o sol africano. O amarelo é a cor que se relaciona co termo "Xustiza" do lema nacional. O verde representa os bosques e a agricultura do país. É a cor que simboliza a última palabra do lema nacional: "Solidariedade".

FONTE: gal.wikipedia.org

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA XVI

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Non. A letra “J” non aparece na táboa. Por que? A clave atopámola en que os elementos  quimicos son unha abreviación, proveñen dos seus nomes en latín, e a J non existía en latín, por iso é polo que non atopemos elementos químicos con J.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Podemos facer unha división moi básica da táboa periódica clasificando os seus elementos en 3 grupos: metais,  metaloides, e non metais. Sabes cal destes grupos é máis numeroso na táboa periódica?

- Metais

- Metaloides

- Non metais

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e nationalgeographic.com.es