Blogia
vgomez

DOCENCIA

BANDEIRAS DO MUNDO CXX

Esta é a bandeira de Tuvalu, antigamente Illas Ellice, un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no Océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Australia. Conta cunha poboación que supera os 11.000 habitantes, sendo a súa capital Fongafale. Os idiomas oficiais son o tavaluano e o inglés.

A bandeira, como a maioría das nacións membro da Mancomunidade Británica de Nacións, ten a Union Jack na parte superior esquerda. Sobre un fondo azul liso as 9 estrelas representan as 9 illas que compoñen o arquipélago de Tuvalu, malia que a situación das estrelas non é xeograficamente a mesma que a das illas.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO CXIX

Esta é a bandeira de Botsuana (República de Botsuana/Republic of Botswana/Lefatshe la Botswana), un país, sen saída ao mar, do sur de África. Conta cunha poboación que supera os 2 millóns de habitantes, sendo a súa capital Gaborone. Os idiomas oficais son o inglés e o setsuana.

A bandeira é de cor azul claro cunha banda horizontal negra de bordos brancos. A cor azul representa a agua, especificamente a choiva, un recurso escaso no país. As bandas negra e brancas do centro representan a harmonía racial e tamén fan referencia ás cebras que sosteñen o escudo nacional.

FONTE: gal.wikipedia.org

POR QUE OS HUMANOS NON VIMOS DOS MONOS?



Desde que Charles Darwin, de cuxo nacemento cumpríronse hai uns días 211 anos, publicou a súa teoría da evolución por selección natural, en 1859, botaron raíz numerosos mitos sobre este principio científico.

Un malentendido persistente á hora de explicar e interpretar a evolución resúmese na seguinte pregunta: se as persoas descendemos dos monos, por que existen estes animais aínda?

A resposta é que non evolucionamos dos monos, ou polo menos, non vimos de ningunha especie de mono que exista hoxe en día. O que ocorreu, en cambio, é que tivemos un antepasado en común cos simios actuais, incluídos os chimpancés, curmáns máis próximos da humanidade. O noso tronco na árbore xenealóxica da vida separouse hai entre 5 e 11 millóns de anos.

Neste vídeo de Darwin, necesítote, repasase como funciona a evolución por selección natural, para aclarar os erros e malentendidos máis comúns sobre a probada teoría científica.

FONTE: Bruno Martín/Darwin, necesítote/materia/elpaís.com

BANDEIRAS DO MUNDO CXVII

Esta é a bandeira de San Marino (Serenísima República de San Marino/ Serenissima Repubblica di San Marino), un país situada nos Apeninos, encravada no interior de Italia, e sen saída ao mar. É o estado soberano máis antigo do mundo. Conta cunha poboación que supera os 33.000 habitantes, sendo a súa capital San Marino. O idioma oficial é o italiano.

A bandeira está composta por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor branco a superior e azul claro a inferior. A bandeira do Estado incorpora o Escudo Nacional no centro (un brasón no que figuran tres torres sobre tres picos, rodeado por unha rama de loureiro e outra de carballo e rematado cunha coroa pechada como símbolo da súa soberanía. Na parte inferior do escudo figura, nunha cinta branca, o lema nacional:  L I  B E  R  T A  S (latín: «liberdade»). As cores azul e branca representan tanto o ceo como as montañas, concretamente, as neves das montañas do monte máis alto de San Mariño, o monte  Titano, a 726 metros de altura.

FONTE: gal.wikipedia.org

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA XXI (FIN)

Remato coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Cadmio. Iste elemento de símbolo Cd e de número atómico 48, é mellor que te manteñas os máis afastado posible del, xa que se trata dun dos elementos máis tóxicos e perigos para a vida.  

E así remato esta sección que espero que servise para revisar o que sabemos da táboa periódica, no mellor dos casos, ou, por que non, aprender sobre ela.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es Imaxe: caracteristicas.cc

BANDEIRAS DO MUNDO CXVI

Esta é a bandeira de Portugal (República Portuguesa), un país situado en Europa Occidental, que forma parte da UE. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, omprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Conta cunha poboación que rolda os 10,5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Lisboa. O idioma oficial é o portugués.

A bandeira componse dun rectángulo dividido verticalmente por unha franxa de cor verde, pegada ao mastro, e outra vermella. Na unión de ambas as cores atópase unha versión simplificada do escudo nacional (formado por un campo de prata, cinco escusóns de azul, postos en cruz, cargados cada un de cinco bezantes de prata, colocados en aspa, e unha bordura de goles cargada de sete castelos de ouro, tres en xefe, dous en flanco e dous cara á punta, todo iso asentado sobre unha esfera armilar en ouro e avivada de sabre). As cores representan a esperanza da nación (verde) e o sangue (vermello) daqueles que perderan a vida pola patria.

FONTE: gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO CXV

Esta é a bandeira de Omán (Sultanato de Omán/سلطنة عُمان/Sulanat ʻUmān), un país localizado ao occidente de Asia, na costa oriental da península arábiga. Conta cunha poboación que supera os 4,5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Mascate. O idioma oficial é o árabe.

A bandeira consta de tres bandas horizontais: branco, vermello e verde de arriba a baixo; e outra vertical ao hasta, de cor vermella, e co escudo do país na parte superior da mesma. A cor branca representa á paz e a prosperidade; o verde á fertilidade e ás Montañas Verdes, e o vermello ás batallas contra os invasores estranxeiros. O vermello é tamén a cor da antiga bandeira nacional, de cando se coñecía ao país como o " Sultanato de Mascate".

FONTE: gal.wikipedia.org

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA XX

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Hidróxeno. Este elemento químico é o máis abundante no universo, forma parte tanto das estrelas, como da auga que bebemos. Supón o 75% da materia, e o 90% de todos os átomos do universo son de hidróxeno.

E imos coa pregunta de hoxe, é última desta sección!

20. O hidróxeno é tamén un dos 6 elementos que conforman a materia viva. Pero existen outros 5 elementos máis necesarios para que se forme a vida tal e como a coñecemos. Son os ladrillos básicos da materia orgánica. Douche unha pista: 2 deles son o osíxeno e o carbono. Entre estoutros 4 elementos hai intruso. Es capaz de identificalo?

- Fósforo

- Xofre

- Cadmio

- Nitróxeno

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es