BANDEIRAS DO MUNDO CXVII
Esta é a bandeira de San Marino (Serenísima República de San Marino/ Serenissima Repubblica di San Marino), un país situada nos Apeninos, encravada no interior de Italia, e sen saída ao mar. É o estado soberano máis antigo do mundo. Conta cunha poboación que supera os 33.000 habitantes, sendo a súa capital San Marino. O idioma oficial é o italiano.
A bandeira está composta por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor branco a superior e azul claro a inferior. A bandeira do Estado incorpora o Escudo Nacional no centro (un brasón no que figuran tres torres sobre tres picos, rodeado por unha rama de loureiro e outra de carballo e rematado cunha coroa pechada como símbolo da súa soberanía. Na parte inferior do escudo figura, nunha cinta branca, o lema nacional: L I B E R T A S (latín: «liberdade»). As cores azul e branca representan tanto o ceo como as montañas, concretamente, as neves das montañas do monte máis alto de San Mariño, o monte Titano, a 726 metros de altura.
FONTE: gal.wikipedia.org
0 comentarios