ACHÉGASE UN ASTEROIDE "POTENCIALMENTE PERIGOSO"
Un asteroide catalogado como «potencialmente perigoso» achegarase á Terra esta fin de semana. Concretamente, hoxe sábado, atoparase a 0,03 UA (unha unidade astronómica -UA- é a distancia do noso planeta ao Sol), unha cifra que, aínda que pareza moi baixa, significa uns 5,7 millóns de quilómetros. Todos os obxectos que pasan a menos de 0,5 UA (uns 7,5 millóns de quilómetros) entran dentro deste rango, polo que son mirados con lupa polos observatorios astronómicos.
Chamado 2002 PZ39, foi descuberto o 10 de agosto de 2020, tal e como explica a propia NASA. Mide aproximadamente medio quilómetro de lonxitude e ten un período de rotación de 6,2 días. A súa velocidade é de 55.000 quilómetros por hora. Segundo o portal CNEOS, encargado de monitorar todos os obxectos próximos á Terra, os seguintes días achegaranse outras rochas espaciais, con todo serán moito máis pequenas.
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios