PELEXA NA ESTACIÓN
A imaxe dunha pelexa entre ratos no metro de Londres foi galardoada polo público como a mellor fotografía do ano no marco dos premios Wildlife Photographer of the Year, organizados polo Museo de Historia Natural do Reino Unido.
"Pelexa na estación", tomada polo mozo Sam Rowley, recibiu 28.000 votos dentro da categoría "o mellor do resto" da LUMIX People’s Choice, onde compiten aquelas imaxes que non se fixeron cos premios profesionais do concurso, un dos galardóns internacionais máis importantes de fotografía natural.
Rowley pasou varias noites tombado boca abaixo sobre as plataformas da liña central ata que conseguiu inmortalizar o momento no que os pequenos roedores, habituais do subterráneo londiniense, comezaron a súa pelexa por unha faragulla de pan.
Os premios Wildlife Photographer of the Year, onde se recoñece a fotógrafos de natureza profesionais e principiantes, celebrarán este ano a súa 56 edición, cuxo gañadores se darán a coñecer o próximo outubro.
FONTE: farodevigo.es Imaxe: nhm.ac.uk
0 comentarios