Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE GALICIA VII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Oestrinmios. O coñecemento dos elementos étnicos dos primeiros poboadores de Galicia é unha tarefa difícil pola escaseza de vestixios. Só coñecemos os textos antigos de autores gregos nos que identifican a estes habitantes como  oestrymnios. No poema de Rufo Festo Avieno, ora  maritima, alúdese aos "tola et arva Oestrymnios habitantibus", describindo a aqueles como homes fortes e valerosos, comerciantes e moi mariñeiros, que sucaban o mar en barcos de coiro. Os Oestrymnios habitaban na costa occidental  galáico-portuguesa dende o período eneolítico. Son os “mouros” da tradición galega e cuxo nome aparece, aínda hoxe en día, vinculado a multitude de dolmens e mámoas da nosa xeografía. Podemos cualificalos como os primeiros galegos, xa que tiñan unha cultura distinta da dos iberos e demais pobos da península, e que era compartida por outros pobos atlánticos europeos.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. De todas as rutas do Camiño de Santiago, cal é a máis longa?

- Camiño Francés

- Camiño do Norte

- Vía da Prata

- Camiño de Inverno

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: es.aleteia.org

 

CANTO SABES SOBRE GALICIA VI

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 18. Tomando como refrencia O cabo Fisterra cara arriba, temos as denominadas Rías altas: Ría de Camariñas, Ría de Corme e Laxe, Ría da Coruña (ou do Burgo), Ría de Betanzos, Ría de Ares, Ría de Ferrol, Ría de Cedeira, Ría de Ortiguera, Ría do Barqueiro, Ría de Vivero, Ría de Foz e Ría de Ribadeo. Do cabo Fiterra cara abaixo temos as denominadas Rías baixas: Ría de Corcubión e Cee, Ría de Muros e Noia, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra, Ría de Aldán e Ría de Vigo.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Como se chamaba os primeiros poboadores, considerados como os primeiros galegos, que habitaron en Galicia?

- Celtas

- Vetóns

- Íberos

- Oestrymnios

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: sobreleyendas.com

CANTO SABES SOBRE GALICIA V

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Pena Trevinca. Iste pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora, é o maior punto de altitude do territorio galego pois está a 2.127 m de altitude. O segundo punto máis alto, preto do anterior é Pena Negra con 2.121 m.

E Imos coa pregunta de hoxe!

5. Cuantas Rías hai en Galicia?

- Hai 14

- Só 2: Rías Altas e Rías Baixas

- Hai 18

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE GALICIA IV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Rosalía de Castro. A publicación de Cantares Gallegos por Rosalía de Castro (1837-1885) foi o 17 de maio de 1863 en Vigo, na imprenta Juan Campañel, marcando esta a referencia para a celebración do Día das Letras Galegas. Nos seus poemas desenvólvense temas que reflicten a sociedade rural en que Rosalía viviu.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é o punto máis alto de Galicia?

- O Xubial

- Pena Negra

- Pena Trevinca

- Cabeza de Manzaneda

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE GALICIA III

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Hai 6 parques Naturais. Concretamente son: Baixa Limia-Serra dos Xurés (Ourense), Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (A Coruña), Monte Aloia (Pontevedra), Serra da Enciña da Lastra (Ourense), O Invernadoiro (Ourense) e as Fragas do Eume (A Coruña). Por certo, tamén temos un único Parque Nacional: Parque Nacional das Illas Atlánticas.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Quen escribíu "Cantares Gallegos"?

- Emilia Pardo Bazán

- Manuel Murguía

- Rosalía de Castro

- Castelao

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE GALICIA II

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Santiago, Betanzos, Mondoñedo, Tui, Lugo, Ourense e A Coruña. As tres últimas de igual nomee que as actuais, aínda que non cos mesmos límites. Destas sete, Mondoñedo atópase actualmente dentro da provincia de Lugo;  Tui dentro da provincia de Pontevedra; Santiago, a actual capital de Galicia, e a da cidade de Betanzos (que se identificaba independente e politicamente como un enclave diferenciado do resto) forman parte da actual provincia da Coruña.Tras a nova división territorial de España en 1833 as provincias galegas modificaron o seu número e límites, quedando conformada Galicia nas catro actuais: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

E Imos coa pregunta de hoxe!

2. Cantos Parques naturales hai en Galicia?

- Hai 5 Parques Naturales e 1 Nacional

- Hai 9 Parques Nacionais

- Hai 6 Parques Naturais

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE GALICIA

Esta sección que hoxe comeza, Canto sabes sobre Galicia, pretende ser unha posta a punto sobre os coñecementoso do noso país, Galicia, nuns casos recordando, noutros aprendendo e, no mellor dos casos, investigando sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre aspectos varios da nosa Comunidade Autónoma.

Comezamos!

1. Na imaxe superior tes a bandeira e os escudo de Galicia. Fíxate neste último. O motivo de que o escudo conteña sete cruces correspóndese coa anterior división provincial dos territorios galegos do antigo Reino de Galicia. Cales eran esas provincias:

- A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Braga, Ponferrada e Santiago

- Santiago, Coruña, Santiago, Tui, Braga, Ourense e Lugo

- A Coruña, Santiago, Vigo, Lugo, Ourense, Mondoñedo e Pontevedra

- Santiago, Betanzos, Mondoñedo, Tui, Lugo, Ourense e A Coruña

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO CXXI(FIN 1ª PARTE)

Esta é a bandeira de Corea do Norte (República Popular Democrática de Corea (RPDC)/조선민주주의인민공화), un país asiático que ocupa a metade norte da Península de Corea. Conta cunha poboación que supera os 25 millóns de habitantes, sendo a súa capital Pionyang. O idioma oficial é o coreano.

A bandeira está composta por cinco franxas horizontais de cores azul, branca, vermella, branca e azul. Centrado ao longo da bandeira aparece un círculo branco, que inclúe no seu interior unha estrela vermella de cinco puntas. A cor azul representa o desexo do pobo de paz, o vermello simboliza o espírito revolucionario da loita polo socialismo e o branco (cor tradicional de Corea) representa a pureza dos ideais de Corea do Norte e a súa soberanía nacional. A estrela vermella de cinco puntas simboliza o liderado do Partido dos Traballadores de Corea. O círculo branco lembra ao símbolo do yin e o yang, o cal é un símbolo tradicional da cultura coreana.

Con esta bandeira remato a primeira parte desta serie adicada á Bandeiras do Mundo. Continuara...

FONTE: gal.wikipedia.org