Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE GALICIA XVI

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Antonio Rosón Pérez. Nado en Becerreá o 8 de xuño de 1911 e finado na cidade de Lugo o 19 de agosto de 1986, avogado, foi o primeiro presidente da preautonomía Xunta de Galicia antes aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, entre os anos 1977-1979. Tamén foi o primero presidente do Parlamento de Galicia (1981-1986). O segundo Presidente, tamén da etapa preautonómica, foi José Quiroga. Xa na etapa autonómica temos a Xerardo Fernández Albor, Fernando Ignacio González Laxe, Manuel Fraga Iribarne, Emilio Pérez Touriño e, na actualidade, Alberto Núñez Feijóo.

E Imos coa pregunta de hoxe!

16. Cal é a cidade máis poboada de Galicia?

- A Coruña

- Pontevedra

- Vigo

- Ourense

- Lugo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: elpais.com

CANTO SABES DE GALICIA XV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é A. A Lei 5/1984 de 29 de maio de 1984 da Xunta de Galicia regulou a actual bandeira galega. Nela lexíslase que a bandeira de Galicia terá unha lonxitude igual a tres medios do seu ancho. É branca, cunha banda azul celeste dun ancho equivalente á cuarta parte do da bandeira, que a atravesa dende a parte superior á hasta, cara á parte inferior ao batente.

E Imos coa pregunta de hoxe!

15. O actual Presidente da Xunta de Galicia é Alberto Núñez Feijóo, que fai o número 7, pero cal foi o primeiro presidente da etapa preautonómica?

- Manuel Fraga Iribarne

- José Quiroga

- Xerardo Fernández Albor

- Antonio Rosón Pérez

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: elpais.com

CANTO SABES DE GALICIA XIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é  5 catedrais. Estas son: Catedral de Santiago de Compostela (A Coruña), Catedral de Mondoñedo (Lugo), Catedral de Lugo, Catedral de Ourense e Catedral de Santa María de Tui (Pontevedra). Tamén hai 2 Concatedrais, a de Ferrol e de Santa María de Vigo (Pontevedra).

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Cal das dúas imaxes corresponde a bandeira galega?

- A

- B

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: tiendadeglobos.com

CANTO SABES DE GALICIA XIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Laxeiro. O seu verdadeiro nome é José Otero Abeledo (Lalín, 1908 - Vigo, 1996). Esta obra foi realizada durante a súa estancia en Arxentina, no período comprendido entre 1951 e 1970. Neses anos, ademais de investigar e penetrarse en linguaxes non figurativos, tamén seguiu cultivando as obras que lle daban a coñecer. Laxeiro atopábase a si mesmo nas creacións protagonizadas polos monicreques e marionetas, que o retrotraían ata a súa nenez en Galicia, cando asistía ás funcións de Monicreques de Barriga Verde.  A través destes personaxes de tradición medieval, Laxeiro achega a súa mirada crítica para explicar a vida, utilizándoos como un modo de expresión libre, por non remitirse a tipos reais. As marionetas, funcionan como intérpretes da comedia humana.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cantas catedrais hai en Galicia?

- 7 catedrais

- 6 catedrais

- 5 catedrais

- 4 catedrais

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org 

CANTO SABES DE GALICIA XII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Xosé Neira Vilas. Nado en Gres (Vila de Cruces-Pontevedra) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

E Imos coa pregunta de hoxe!

12. Este óleo sobre lenzo ten por nome Enterro da marioneta e é dun pintor galego moi coñecido xa falecido. Cal é o seu nome?

- Colmeiro

- Laxeiro

- Luis Seoane

- Carlos Maside

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: coleccion.abanca.com/es

 

CANTO SABES SOBRE GALICIA X

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 315 km. É o río máis longo e máis grande Galicia, sen dúbidas. Nace en Serra de Meira, no Pedregal de Irimia. Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Salvaterra de Miño, Monção, Tui e Valença do Minho. Desemboca facendo de fronteira entre Galicia e Portugal, entre A Guarda e Caminha. Drena unha ampla conca de 12.486 km2 e ten un caudal medio de 340 m3/s.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. O actual Estatuto de Autonomía de Galicia, en que ano entrou en vigor?

- 1978

- 1981

- 1990

- 1992

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: elprogreso.es

CANTO SABES SOBRE GALICIA IX

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Consecuencia da Desamortización Española. A desamortización foi un longo proceso histórico-económico iniciado en España a finais do século XVIII por Manuel de Godoy e fechado xa moi entrado o século XX (16 de decembro de 1964), que consistiu en poñer no mercado, mediante poxa pública, as terras e bens non produtivos en poder das chamadas "mans mortas" que non as cultivaban (case sempre a Igrexa católica ou as ordes relixiosas) que as acumularan como habituais beneficiarias de doazóns, testamentos.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Que lonxitude ten o río Miño?

- 234 km

- 315 km

- 132 km

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: pinterest.ch/mechayamaguchi

 

CANTO SABES DE GALICIA VIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Vía da Prata. Este ruta ten 960 quilómetros, co comezo en Sevilla. O Camiño do Norte ten 824 quilómetros co inicio en Irún. O Camino Francés ten 964 quilómetros con comezo en St. Jean Pied de Port (Francia).

E imos coa pregunta de hoxe!

8. O Mosteiro de Oseira é un mosteiro medieval da parroquia de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea (Ourense). De fundación bieita, ao longo da súa historia tivo unha grande importancia económica e social para a comarca e terras máis afastadas. No ano 1835 os monxes deixaron o convento, que quedou totalmente abandonado propiciando o espolio do lugar. Os monxes volveron de novo en 1929, comezando a súa reconstrución. Cal foi a razón diste suceso?

- Consecuencia da Primeira Guerra Carlista

- Consecuencia da Revolta Irmandiña

- Consecuencia da Desamortización Española

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: pinterest.es