CANTO SABES DE GALICIA XII
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Xosé Neira Vilas. Nado en Gres (Vila de Cruces-Pontevedra) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
E Imos coa pregunta de hoxe!
12. Este óleo sobre lenzo ten por nome Enterro da marioneta e é dun pintor galego moi coñecido xa falecido. Cal é o seu nome?
- Colmeiro
- Laxeiro
- Luis Seoane
- Carlos Maside
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: coleccion.abanca.com/es
0 comentarios