Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE GALICIA XXIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 1.467. Concretamente, na primavera diste ano, nunha situación de conflito social (fame, epidemias e abusos por parte da nobreza galega) e político (guerra civil en Castela). A Santa Irmandade, xurdida e xustificada por tal situación, tornouse nunha revolta como reacción a un sentimento acumulado de agravio polos males e danos que o pobo recibía dos nobres das fortalezas. Esta revolta remataría en 1.469.

Coa unión dinástica entre os reinos de León e Castela en 1230, Galicia converteuse nunha rexión dependente da Coroa de Castela. O gran peso rural na estrutura económica e a enorme influencia nobiliaria, tanto laica como eclesiástica, converteron a Galicia nunha importante parte da Coroa. O gran poder do clero e a nobreza nela supuxeron unha gran molestia para a Coroa. Esta nobreza (os Osorio en Monforte de Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Moscoso en Vimianzo, os Sarmiento, os Ulloa, os Sotomayor, etc.) cometía numerosos abusos que ían desde o patrocinio do bandolerismo señorial ata o incremento desorbitado da presión fiscal. O campesiñado foi a vítima máis acusada dos abusos señoriais e, por tanto, protagonizou diversas revoltascontra a nobreza. As máis importantes foron a Irmandade Fusquenlla, en contra sobre todo dos señores episcopais, e a Gran Guerra Irmandiña.

E imos coa proposta de hoxe!

24. A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Foi construída como faro de navegación a finais do século I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Pero o actual aspecto non é o mesmo que o da súa contrucción. De que século data esa remodelación?

- Seculo XVI

- Seculo XVII

- Seculo XVIII

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: coruña.gal

CANTO SABES DE GALICIA XXIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 5. Estas son: Rias Baixas (con 5 subdenominacións: Salnés, Rosal, Condado, Soutomaior e Ribeira do Ulla), Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei. Curiosamente, Galicia conta tamén con catro IGP (Indicacións Xeográficas Protexidas), un chanzo por baixo das Denominacións de Orixe (DO), comúnmente denominados Viños da Terra: Barbanza e Iria, Betanzos, Val de Miño-Ourense e Ribeiras do Morrazo.

E imos coa proposta de hoxe!

23. A Revolta Irmandiña foi unha revolta social que tivo lugar en Galicia, e que posiblemente foi a maior revolta europea do século XV. En que ano comezou?

- 1.427

- 1.457

- 1.467

- 1.497

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: galiciaunica.es

CANTO SABES DE GALICIA XXII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Francisco Asorey González. Nado en Fefiñáns, Cambados (Pontevedra) o 4 de marzo de 1889 e finado en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1961, comunmente citado como Asorey, foi considerado por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.

E imos coa pregunta de hoxe!

22. Con cantas rexións vitivinícolas conta Galicia?

- 4

- 5

- 6

- 7

Maná a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: sientegalicia.com

CANTO SABES DE GALICIA XXI

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Francia. A frota, procedente de A Habana e destino Cadiz, estaba composta por 19 buques españois ao mando do almirante Manuel de Velasco e Tejada, escoltados por 22 navíos franceses ao mando do Vicealmirante François Louis de Rousselet, desviouse cara á ría de Vigo ao ser informados de que unha poderosa escuadra anglo-holandesa agardábaos no cabo San Vicente, dirixida polo Almirante sir George Rooke e o Lieutenant-Admiral Philips van Almonde. A batalla tivo lugar o 23 de outubro de 1702. Unha vez gañada, os anglo-holandeses saquearon Redondela e a illa de San Simón. Vigo quedou a salvo protexida pola súa muralla e defensas. O día 30 de outubro Rooke ordena partir á súa armada, que abandona a ría de Vigo, aínda que deixa unha guarnición de 27 buques de guerra xunto aos apresados ao mando do almirante Shovel. Na retirada, os anglo-holandeses levaron varios barcos apresados, entre eles un galeón español que estaría cargado cos tesouros recolleitos. Á súa saída da ría de Vigo, este galeón encallou ao paso polas illas Cíes e afundiuse non localizándose aínda a súa ubicación.

E imos coa pregunta de hoxe!

21. Esta escultura, Santa galega (1926), máis coñecida como a Santa, representa unha labradora galega, cargada cun xugo de vacas, completamente espida, salvo o pano rexional da cabeza. É unha muller curtida no traballo escravo na casa, das terras, parindo e criando fillos, e quedándose soa polo drama da emigración. De quen esta obra?

- Gabriel Xosé Eiroa Barral

- Francisco Asorey González

- Santiago Rodríguez Bonome

Maná a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: xunta.gal

CANTO SABES DE GALICIA XX

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é XII. O Códice Calixtino (en latín, Codex  Calixtinus; fl. c. 1160-1180) é un manuscrito de mediados do século  XII que contén o máis antigo texto do Liber Sancti Iacobi (c. 1140). Consta de cinco libros e dous apéndices, cun total de 225 folios de pergamiño escritos polas dúas caras. O 5 de xullo de 2011, os arquiveiros da catedral de Santiago de Compostela botaron en falta a obra e denunciaron o roubo ás autoridades. O 4 de xullo de 2012 foi recuperado.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. A batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e na enseada de San Simón, no interior da ría de Vigo, o 23 de outubro de 1702. Nela 19 buques españois procedentes de A Habana, enfrontaronse a unha coalición anglo-holandesa de 49 barcos, dentro do contexto da guerra de Sucesión Española. Cal era o outro país que formou coalición con España e que protexia á flota española con 22 navíos?

- Portugal

- Italia

- Francia

Maná a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: vivecamino.com

CANTO SABES DE GALICIA XIX

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990). A Real Academia Galega adícalle iste ano o Día dás Letras Galegas a unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego, coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 do seu falecemento.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. O Códice Calixtino  é un manuscrito iluminado que reúne sermóns, himnos, milagres, relatos da translación do Apóstolo, textos litúrxicos e pezas musicais relacionados co Apóstolo Santiago. De que século data?

- X

- XI

-XII

- XIII

Maná a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: vivecamino.com

CANTO SABES DE GALICIA XVIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Lugo. As Illas Farallóns son un pequeno arquipélago do concello de Cervo (Provincia de Lugo), situado na costa cantábrica de Galicia, que xa eran coñecidas como "Trileucos" no século II a. C. polos gregos. As tres illas (A Sombriaza, A Baixa e O Pé) que o conforman, suman en conxunto 6 hectáreas de terreo. A Sombriza, a maior das illas, ten unha extensión de 3’5 hectáreas. Son moi abruptas e rochosas, e unha delas presenta unha característica forma piramidal, moi elevada.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. A quen se lle adica iste ano o Día das Letras Galegas?

- Xesús Rábade

- Francisco Taxes

- Anxo Rey Ballesteros

- Ricardo Carballo Calero

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: elblogdelmar.com

CANTO SABES DE GALICIA XVII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Vigo. Segundo os datos do INE 2019, Vigo conta con 295.364 habitantes, mentres que A Coruña conta con 245.711 habitantes. En canto a provincia é A Coruña a de maior poboación seguida de Pontevedra, Lugo e Ourense.

E imos coa pregunta de hoxe!

17.  A que provincia pertencen o pequeño arquipiélago das Illas Farallóns?

- A Coruña

- Lugo

- Pontevedra

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: concellodecervo.com