Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE GALICIA XXXII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Aires da miña terra. Orixinalmente "Aires d’a miña terra", é un poemario publicado en 1880. É unha escolma de textos compostos en diferentes momentos e con temática diversa: costumista, intimista e denuncia social.

E imos coa pregunta de hoxe!

32. As Burgas son uns mananciais de augas termais que se localizan na cidade de Ourense. Deles brotan unhas augas silicatadas, fluoradas, litínicas e hipertermais. A que temperatura sae esta auga?

- Entre 40 e 50 ºC

- Entre 50 e 60 ºC

- Entre 64 e 68 ºC

- Entre 70 e 80 ºC

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e wikipedia.es Imaxe:viajejet.com

CANTO SABES DE GALICIA XXXI

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Amigo. Na lírica medieval galego-portuguesa unha cantiga de amigo é unha composición breve e sinxela posta en boca dunha muller namorada. Deben o seu nome a que na maior parte delas aparece a palabra amigo no primeiro verso e, sobre todo, a que a voz narrativa é sempre a dunha muller nova (a amiga), quen fala nelas do seu amigo-amado, habitualmente ausente nese momento. Esta cantiga é atribuída a Sancho I de Portugal, que despois de  enviudar, tivo unha relación María Páez de Ribeira «a  Ribeiriña» a quen dedicou unha cantiga de amigo. A Ribeirinha escrita en 1199, é o texto máis antigo coñecido de poesía galego-portuguesa.

E imos coa pregunta de hoxe!

31. Manuel Curros Enríquez (Celanova-Ouense, 1851-A Habana, 1908) foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967. Só unha destas obras é da súa autoría. Cal é?

- Os dous de sempre

- Arredor de si

- Cantares gallegos

- Aires da miña terra 

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e wikipedia.es

CANTO SABES DE GALICIA XXX

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Lugo. Concretamente na parroquia de A Devesa, no concello de Ribadeo, na Mariña Lucense, no mar Cantábrico. Foi bautizada orixinalmente como a praia de Augas Santas. Con todo, é coñecida por todos como a Praia das Catedrais debido ás xigantescas rochas en forma de colosais arcos e torres, moi similares aos vistos nos templos cristiáns. O característico da praia son os arcos e as covas, só apreciables a pé de praia durante a baixamar. Durante a pleamar a praia é relativamente pequena,

E Imos coa pregunta de hoxe!

Ai eu coitada, como vivo em gram cuidado

por meu amigo que hei alongado;

       muito me tarda

       o meu amigo na Guarda.

Ai eu coitada, como vivo em gram desejo

por meu amigo que tarda e nom vejo;

       muito me tarda

       o meu amigo na Guarda.

 

30. A lírica galaicoportuguesa desenvolveuse na Idade Media, fundamentalmente entre os séculos XII e XIV​ en  galegoportugués, a lingua primitiva da que derivarían posteriormente o portugués e o galego modernos. Aínda que a maior parte dos poetas de que se ten referencia proviñan de Galicia e do norte de Portugal, foi cultivada tamén por multitude de poetas doutros lugares da península ibérica (o exemplo máis destacado é o de Alfonso X o Sabio, autor das Cantigas de Santa María, tamén en galego-portugués), chegando a ser unha lingua fundamental na lírica culta de Castela nos séculos XIII e XIV. Tres son os xéneros principais: cantigas de amor, cantigas de amigo e cantigas de escarnio e maldicir. A que xénero pertence a cantiga superio?

- Amor

- Amigo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e wikipedia.es Imaxe: meristation.as.com

CANTO SABES DE GALICIA XXIX

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 1211. Iste ano, celébrase a consagración da Basílica coa presenza de Alfonso IX. Aínda que a estrutura medieval mantívose no fundamental, ao longo dos séculos a Catedral foi variando a súa fisonomía coa construción no Renacemento do Claustro e os seus espazos anexos e, sobre todo no Barroco, en que se realizan obras como a capela maior, os órganos, o peche da cabeceira ou a fachada do Obradoiro entre outras importantes actuacións. Durante o  Neoclasicismo realízase a nova fachada da Azabachería e nos últimos cen anos seguíronse realizando diversas actuacións.

E Imos coa pregunta de hoxe!

29. Falando de catedrais, seguro que recoñeces esta praia galega. É a chamada Praia das Catedrais. En que provincia se atopa?

- A Coruña

- Lugo

- Pontevedra

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e catedraldesantiago.es Imaxe: olardecarmina.es

CANTO SABES DE GALICIA XXVIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 1863.  Iste ano, tómase como o inicio deste período da literatura galega, coincidindo coa publicación do poemario de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. O seu final, habería que situalo en 1890 coa publicación da obra de Valentín Lamas Carvajal A musa das aldeas.

E Imos coa pregunta de hoxe!

28. Bernardo o Vello, Mestre Admirable, e Roberto, inician a construción da Catedral  Románica de Santiago de compostela no ano 1075, baixo o reinado de Alfonso VI e sendo Bispo D. Diego Peláez. Tras esta etapa inicial, diversos avatares suspenden ou, cando menos, retardan as obras ata que toman un novo impulso en tempos do Arcebispo Xelmírez, no ano 1100, a cargo do Mestre de Praterías; aos poucos a construción da Catedral irá avanzando ao longo do século XII, encargándose, en 1168, ao Mestre Mateo, a terminación da mesma, incluíndo o peche occidental e a construción do Coro na nave maior. En que ano se celebra a consagración desta Basílica?

- 1170

- 1192

- 1202

- 1211

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e catedraldesantiago.es Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es

CANTO SABES DE GALICIA XXVII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 28 de xuño de 1936. Do total de electores de que constaba o censo, 1.343.135, votaron 1.000.963, el 74,56% do censo electoral, con 993.351 votos a favor, 6.161 en contra e 1.451 papeletas en branco.

E imos coa pregunta de hoxe!

27. O Rexurdimento xorde por influencia do ideal romántico, o cal chega con atraso a Galiza. Froito das ideas derivadas do Romanticismo e da Revolución Francesa, estenderase por toda Europa un sentimento de afirmación nacional. Cando falamos do Rexurdimento literario, estámonos a referir sobre todo a un movemento poético, posto que a prosa e o teatro participarán del tardíamente. Este movemento social, literario e intelectual, localízade no tempo na segunda metade do século XIX. Que ano sería o inico deste período na literatura galega?

- 1800

- 1823

- 1863

- 1920

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: elespanol.com

CANTO SABES DE GALICIA XXVI

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Deportivo da Coruña. Ten 114 anos, fundándose o 2 de marzo de 1906. O Rápido de Bouzas, de Vigo, fundouse en 1914, sendo, polo tanto, o segundo equipo máis antigo de Galicia, por diante do Celta de Vigo que se fundou en 1923.

E imos coa proposta de hoxe!

26. O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 foi un estatuto redactado durante a Segunda República, que foi plebiscitado, no que participou o 74,56 % do censo. O 15 de xullo de 1936 o texto aprobado foi entregado, ao Presidente das Cortes Españolas, para o inicio dos trámites para a súa aprobación. Con todo, o Estatuto de 1936 non chegou a entrar en vigor, debido ao estalido da Guerra Civil, aínda que as Cortes Españolas aceptárono a trámite o 1 de febreiro de 1938, sen que puidese chegar máis lonxe. Cando se celebrou o referéndum do citado Estatuto?

- 1 de maio de 1936

- 17 de maio de 1936

- 28 de xuño de 1936

- 1 de xullo de 1936

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: eldiario.es (carteis de castelao e Díaz Baliño)

CANTO SABES DE GALICIA XXV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é XVIII. No reinado de Carlos IV realizouse unha reconstrución completa que durou entre xullo de 1788 e decembro de 1790, dirixida por Eustaquio Giannini no estilo neoclásico. A torre era, antes de acometer a reforma, un corpo prismático con base cadrada; no exterior presentaba un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e xanelas asimétricas que o percorrían ata o piso superior, e un mordente helicoidal que tamén chegaba ata o alto. No seu interior conservaba a vella estrutura romana, pero con escaleiras de madeira que pertencían á restauración do edificio, harmonizándoa na súa decoración cos marcos superiores de portas e xanelas. Dous anos despois de rematar as obras, Eustaquio Giannini presentou un proxecto para construír un acceso e unha plataforma arredor do faro, que só se remataron a mediados do século XIX. Desde entón non se volveu mudar a aparencia da torre e só se modificou a lanterna coa instalación dun fanal xiratorio e o acceso a este. No interior fixéronse falsos teitos e cubríronse as paredes de papel. En 1993 elimináronse todos os engadidos interiores.

E imos coa proposta de hoxe!

25. Cal é o club de fútbol más antigo de Galicia?

- Rapido de Bouzas

- Celta de Vigo

- Deportivo da Coruña

- CD Ourense

- CD Lugo

- SD Compostela

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: bubblefootball.es