CANTO SABES DE GALICIA XXVII
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 28 de xuño de 1936. Do total de electores de que constaba o censo, 1.343.135, votaron 1.000.963, el 74,56% do censo electoral, con 993.351 votos a favor, 6.161 en contra e 1.451 papeletas en branco.
E imos coa pregunta de hoxe!
27. O Rexurdimento xorde por influencia do ideal romántico, o cal chega con atraso a Galiza. Froito das ideas derivadas do Romanticismo e da Revolución Francesa, estenderase por toda Europa un sentimento de afirmación nacional. Cando falamos do Rexurdimento literario, estámonos a referir sobre todo a un movemento poético, posto que a prosa e o teatro participarán del tardíamente. Este movemento social, literario e intelectual, localízade no tempo na segunda metade do século XIX. Que ano sería o inico deste período na literatura galega?
- 1800
- 1823
- 1863
- 1920
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: elespanol.com
0 comentarios