Blogia
vgomez

CANTO SABES DE GALICIA XXVIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 1863.  Iste ano, tómase como o inicio deste período da literatura galega, coincidindo coa publicación do poemario de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. O seu final, habería que situalo en 1890 coa publicación da obra de Valentín Lamas Carvajal A musa das aldeas.

E Imos coa pregunta de hoxe!

28. Bernardo o Vello, Mestre Admirable, e Roberto, inician a construción da Catedral  Románica de Santiago de compostela no ano 1075, baixo o reinado de Alfonso VI e sendo Bispo D. Diego Peláez. Tras esta etapa inicial, diversos avatares suspenden ou, cando menos, retardan as obras ata que toman un novo impulso en tempos do Arcebispo Xelmírez, no ano 1100, a cargo do Mestre de Praterías; aos poucos a construción da Catedral irá avanzando ao longo do século XII, encargándose, en 1168, ao Mestre Mateo, a terminación da mesma, incluíndo o peche occidental e a construción do Coro na nave maior. En que ano se celebra a consagración desta Basílica?

- 1170

- 1192

- 1202

- 1211

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e catedraldesantiago.es Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es

0 comentarios