Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE GALICIA XL

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Futbolín. Alexandre Campos Ramírez (Fisterra, 6 de maio de 1919-Zamora, 9 de febreiro de 2007). En novembro de 1936 quedou sepultado nun dos bombardeos de Madrid durante a Guerra Civil Española. Primeiro levárono a Valencia pero como as súas feridas eran graves finalmente trasladárono a un hospital de Monserrat. Alí coñeceu moitos nenos feridos coma el, incapaces de poder xogar ao fútbol, e foi daquela cando pensou no futbolín inspirándose no tenis de mesa. Alexandre confioulle ao seu amigo Francisco Xavier Altuna, un carpinteiro vasco, a fabricación do primeiro futbolín seguindo as súas instrucións. Non obstante, non puido vender o invento a nivel industrial xa que todas as fábricas de xoguetes, a maioría en Valencia, estaban a fabricar armas de verdade por mor da guerra. Patentou a invención en Barcelona en xaneiro de 1937.

E imos coa pregunta de hoxe!

40. Esta rraia que ves, é unha das máis emblemáticas de Galicia. Ten unha loxitude de 2,5 km. Como pistas direiche que nas proximidades atópanse os restos dunha Torre medieval, un Castro e unha Ermida; tod@s levan o nome da praia en cuestión.

- Praia de Rodas

- Praia de Arealonga

- Praia da Lanzada

- Praia de Covas

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: osalnes.com

CANTO SABES DE GALICIA XXXIX

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Manuela Barreiro Pico. Naceu en Viveiro (Lugo), o 5 de xuño de 1877 e morreu en Madrid, o 29 de xaneiro de 1953. Logo de licenciarse, en 1903 abriu a súa farmacia en Ribadeo na actual rúa Rodríguez Murias, que permaneceu aberta ata 1933 (ela xubilouse en 1931). Unha rúa de Ribadeo leva o seu nome. Por certo, os dous nomes que tamén aparecían na pregunta, son farmeceuticas da época actual.

E imos coa pregunta de hoxe!

39. Os galegos tamen somos inventores. Alexandre Campos Ramírez, coñecido como Alexandre de Fisterra, foi un editor, escritor e inventor. Por que invento pasou a historia?

- Calculadora

- Futbolín

- Antecesor das actuáis tablets

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Retrato: Eulogia Merle/Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía

CANTO SABES DE GALICIA XXXVIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Castelao. Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886-Bos Aires, 1950). Estrutúrase a composición con dous personaxes de gran tamaño en primeiro termo; un muro de escasa altura, que cruza a tea no seu parte inferior subliñando o desnivel do terreo, e a panorámica dunha paisaxe, típico das Rías Galegas, ao fondo. O indiano e o labrego, con rostros caricaturizados e vestimentas pintorescas, son observados por un neno que asoma a cabeza por encima do muro. O contraste entre as dúas figuras  arquetípicas, acentúase coa cor, branco e ouro para un, e castiñeiro e  pardo, a cor da terra, para o outro. A luz  crepuscular, envolve en certo lirismo á paisaxe, resaltando, a  contraluz, os esveltos troncos e as follas aciculares dos piñeiros.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

38. En 1896 converteuse na primeira muller matriculada na  Universidade de Santiago e catro anos despois, na primeira licenciada en Farmacia, a sétima de España. Para poder estudar a carreira tivo que pedir un permiso especial ao ministro de Instrución Pública e outro para poder exercer cando xa se licenciou. Os seus anos na universidade non foron fáciles. Como outras moitas despois, atopouse co muro dos que non entendían que as mulleres tivesen inquietudes intelectuais. De quen estamos a falar?

- María Isabel Loza García

- Manuela Barreiro Pico

- Ana Castro Balado

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: historiadegalicia.gal

CANTO SABES DE GALICIA XXXVII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Navia. Tal como dixemos nace en Pedrafita do Cebreiro, en concreto en Vilanova do Padornelo e desemboca no mar Cantábrico, en Navia (Asturias). O afluente máis importante é o Ibias. Pasa polas localidades das Nogais e Navia de Suarna (imaxe do día anterior), na provincia de Lugo, e por Ibias, Grandas de Salime, Allande, Pezós, Eilao, Boal, Villayón, Coaña e Navia, no Principado de Asturias.

 E imos coa pregunta de hoxe!

37. Iste cadro de óleo/tela, leva por título “Regreso del indiano” e foi pintado no ano 1918 por un gran debuxante, escritor e político galego nado en Rianxo en 1886. De quen estamos falando?

- Ramón María del Valle Inclán Peña

- Manuel Antonio Martínez Murguía

- Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: afundacion.org

CANTO SABES DE GALICIA XXXVI

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 29.574 km2. Lugo é a provincia máis extensa con 9.856 km2, séguelle  A Coruña con 7.950 km2, despois está Ourense con 7.273 km2 e finalmente Pontevedra con 4.495 km2.

 E imos coa pregunta de hoxe!

36. Como se chama un río galego, o terceiro en lonxitude, con 159 km, da vertente Cantábrica, que nace en Busnullán-Pedrafita do Cebreiro (Lugo), pero que desemboca no mar no Principado de Asturias?

- Eo

- Navia

- Tambre

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: verpueblos.com

CANTO SABES DE GALICIA XXXV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Cuba. Este país foi quen recibiu, neste período 1887-1895, o maior número de galegoS, seguidos de cerca por Arxentina e Brasil. Pola contra desde 1912 sería Arxentina quen ocuparía o primeiro lugar.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

35. Galicia ocupa o sétimo lugar entre as dezasete comunidades autónomas españolas en extensión. Cal é esa extensión?

- 10.604 km2  

- 29.574 km2

- 41.634 k2

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es

CANTO SABES DE GALICIA XXXIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Peto de ánimas. Estes son pequenos santuarios situados en camiños, encrucilladas e igrexas de Galicia, os cales constitúen manifestacións materiais do culto aos mortos e da devoción ás ánimas. O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.

E imos coa pregunta de hoxe!

34. Esta pregunta trata sobre a emigración galega. Para o galego da época, América representaba o Paraíso, o país de Jauja, onde todo aquel que traballase podía facerse rico e obter canto desexase. Entre 1885 e 1930 dáse o maior apoxeo da emigración americana. A partir de 1931 apréciase un pronunciado descenso. Os portos de saída foron: A Coruña,  Villagarcía-Carril e Vigo. A afluencia de galegos sería masiva na década dos oitenta do s. XIX. Cal foi o principal páis de destino neste período da emigración americana?

- Arxentina

- Brasil

- Cuba

- Uruguai

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es  e minius.webs.uvigo.es Imaxe: Manuel ferrol

CANTO SABES DE GALICIA XXXIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Entre 64 e 68 ºC. As Burgas están formadas por tres mananciais, a  burga de arriba, a máis antiga pertencente ao século XVII. A  burga do medio, de estilo moderno e a  burga de abaixo de estilo neoclásico do século XIX, que é a que aparecía na imaxe. Estes mananciais foron declarados no ano 1.975 conxunto histórico artístico. Independentemente do conxunto artístico, as súas fontes sempre foron visitas por turistas como lugar de asombro e por ourensáns para tratar as súas afeccións con estas augas, cun caudal próximo aos 300 litros por minuto.

E imos coa pregunta de hoxe!

33. Como se chama esta construcción popular galega? A imaxe da esquerda atópase na Arnoia (Ourense) e a da dereita na nosa localidade, A Guarda (Pontevedra).

- Cruceiro

- Peto de ánimas

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e wikipedia.es Imaxe: es.wikipedia.org