CANTO SABES DE GALICIA XXXVI
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 29.574 km2. Lugo é a provincia máis extensa con 9.856 km2, séguelle A Coruña con 7.950 km2, despois está Ourense con 7.273 km2 e finalmente Pontevedra con 4.495 km2.
E imos coa pregunta de hoxe!
36. Como se chama un río galego, o terceiro en lonxitude, con 159 km, da vertente Cantábrica, que nace en Busnullán-Pedrafita do Cebreiro (Lugo), pero que desemboca no mar no Principado de Asturias?
- Eo
- Navia
- Tambre
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: verpueblos.com
0 comentarios