Blogia
vgomez

MANCOMÚN: SOLIDARIDARIDADE UNIVERSITARIA

En tempos de corentena, a solidariedade é vital. E máis cando o curso académico segue en marcha a través dos campus virtuais. O banco de apuntamentos creado durante o curso pasado por Asolaga ( Asemblea Nacional das Estudantes Galegas) rexistrou un aumento do material compartido estes días polos estudantes das tres universidades galegas e, nalgúns casos, desde carreiras que aínda non formaban parte do catálogo.

"Creamos a plataforma Mancomún para xerar comunidade na contorna académica e fomentar o compañeirismo fronte a venda de apuntamentos e a competitividade que se fomenta na universidade. E agora relanzámola porque é unha ferramenta moi útil tamén para contrarrestar a falla de clases presenciais. Estamos recibindo máis material e irémolo subindo estes días", comenta o vigués Bruno Arias, alumno de Comunicación Audiovisual na USC e un dos encargados de xestionar o banco.

O acceso aos apuntamentos é completamente libre e os "doantes" poden descargar o seu material en calquera formato: pdf, power point, audios e mesmo vídeos.

Desde Asolaga tamén están moi pendentes de que a implantación da  teledocencia nas tres universidades fágase con garantías e responden a todas as dúbidas que lles xurdan aos estudantes nestes momentos.

Se estás interesado preme AQUÍ.

FONTE: Sandra Penelas/farodevigo.es

0 comentarios