COMEZA O INVERNO 2023/2024
O inverno de 2023-2024 no hemisferio norte comeza hoxe, 22 de decembro de 2023 ás 4 horas 27 minutos hora oficial peninsular. Esta estación durará aproximadamente 88 días e 23 horas, e rematará o 20 de marzo de 2024 co comezo da primavera.
O inicio do inverno no hemisferio norte está definido polo instante en que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o cal o Sol presenta a súa máxima declinación sur. O día en que isto sucede, o Sol alcanza a súa menor elevación sobre o horizonte ao mediodía e describe no ceo o arco máis curto. Como resultado, ese é o día con menos horas de Sol do ano. Ademais, durante varios días a altura máxima do Sol ao mediodía parece non cambiar, e debido a iso, ao comezo do inverno tamén se lle chama solsticio de inverno (do latín solstitium, Sol quieto).
O comezo do inverno no hemisferio norte coincide co comezo do verán no hemisferio sur.
Que non sexa moi frío!
FONTE e Imaxe: astronomia.ign.es
0 comentarios