CANTO SABES DE GALICIA XXIX
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 1211. Iste ano, celébrase a consagración da Basílica coa presenza de Alfonso IX. Aínda que a estrutura medieval mantívose no fundamental, ao longo dos séculos a Catedral foi variando a súa fisonomía coa construción no Renacemento do Claustro e os seus espazos anexos e, sobre todo no Barroco, en que se realizan obras como a capela maior, os órganos, o peche da cabeceira ou a fachada do Obradoiro entre outras importantes actuacións. Durante o Neoclasicismo realízase a nova fachada da Azabachería e nos últimos cen anos seguíronse realizando diversas actuacións.
E Imos coa pregunta de hoxe!
29. Falando de catedrais, seguro que recoñeces esta praia galega. É a chamada Praia das Catedrais. En que provincia se atopa?
- A Coruña
- Lugo
- Pontevedra
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e catedraldesantiago.es Imaxe: olardecarmina.es
0 comentarios