Blogia
vgomez

CANTO SABES DE GALICIA XXIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 1.467. Concretamente, na primavera diste ano, nunha situación de conflito social (fame, epidemias e abusos por parte da nobreza galega) e político (guerra civil en Castela). A Santa Irmandade, xurdida e xustificada por tal situación, tornouse nunha revolta como reacción a un sentimento acumulado de agravio polos males e danos que o pobo recibía dos nobres das fortalezas. Esta revolta remataría en 1.469.

Coa unión dinástica entre os reinos de León e Castela en 1230, Galicia converteuse nunha rexión dependente da Coroa de Castela. O gran peso rural na estrutura económica e a enorme influencia nobiliaria, tanto laica como eclesiástica, converteron a Galicia nunha importante parte da Coroa. O gran poder do clero e a nobreza nela supuxeron unha gran molestia para a Coroa. Esta nobreza (os Osorio en Monforte de Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Moscoso en Vimianzo, os Sarmiento, os Ulloa, os Sotomayor, etc.) cometía numerosos abusos que ían desde o patrocinio do bandolerismo señorial ata o incremento desorbitado da presión fiscal. O campesiñado foi a vítima máis acusada dos abusos señoriais e, por tanto, protagonizou diversas revoltascontra a nobreza. As máis importantes foron a Irmandade Fusquenlla, en contra sobre todo dos señores episcopais, e a Gran Guerra Irmandiña.

E imos coa proposta de hoxe!

24. A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Foi construída como faro de navegación a finais do século I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Pero o actual aspecto non é o mesmo que o da súa contrucción. De que século data esa remodelación?

- Seculo XVI

- Seculo XVII

- Seculo XVIII

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: coruña.gal

0 comentarios