Blogia
vgomez

CANTO SABES DE GALICIA XXI

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Francia. A frota, procedente de A Habana e destino Cadiz, estaba composta por 19 buques españois ao mando do almirante Manuel de Velasco e Tejada, escoltados por 22 navíos franceses ao mando do Vicealmirante François Louis de Rousselet, desviouse cara á ría de Vigo ao ser informados de que unha poderosa escuadra anglo-holandesa agardábaos no cabo San Vicente, dirixida polo Almirante sir George Rooke e o Lieutenant-Admiral Philips van Almonde. A batalla tivo lugar o 23 de outubro de 1702. Unha vez gañada, os anglo-holandeses saquearon Redondela e a illa de San Simón. Vigo quedou a salvo protexida pola súa muralla e defensas. O día 30 de outubro Rooke ordena partir á súa armada, que abandona a ría de Vigo, aínda que deixa unha guarnición de 27 buques de guerra xunto aos apresados ao mando do almirante Shovel. Na retirada, os anglo-holandeses levaron varios barcos apresados, entre eles un galeón español que estaría cargado cos tesouros recolleitos. Á súa saída da ría de Vigo, este galeón encallou ao paso polas illas Cíes e afundiuse non localizándose aínda a súa ubicación.

E imos coa pregunta de hoxe!

21. Esta escultura, Santa galega (1926), máis coñecida como a Santa, representa unha labradora galega, cargada cun xugo de vacas, completamente espida, salvo o pano rexional da cabeza. É unha muller curtida no traballo escravo na casa, das terras, parindo e criando fillos, e quedándose soa polo drama da emigración. De quen esta obra?

- Gabriel Xosé Eiroa Barral

- Francisco Asorey González

- Santiago Rodríguez Bonome

Maná a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: xunta.gal

0 comentarios