CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? V
Continúo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.
A contestación correcta á pregunta de onte é Pseudoquirópteros. Os morcegos divídense en dous grupos principais: megaquirópteros e microquirópteros. Aos primeiros coñéceselles comunmente como morcegos da froita polo seu modo de alimentación baseada na froita, o pole e o néctar das plantas. Tamén como raposos voadores, polo seu parecido con estes animais e porque teñen grandes ollos que lles serven para buscar o seu alimento. Os segundos pola súa banda están representados por ao redor de 800 especies e son, polo xeral, cazadores que se alimentan de insectos.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. Os macroquirópteros, ou macromorcegos, posúen grandes ollos e de feito a maioría deles teñen unha boa visión diúrna. Os micromorcegos pola contra oriéntanse na noite dunha maneira un tanto máis particular. Saberías dicir mediante cal?
- Mediante radar
- Mediante ecolocalización
- Mediante o olfacto
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza
0 comentarios