Blogia
vgomez

BANDEIRAS DO MUNDO CXVI

Esta é a bandeira de Portugal (República Portuguesa), un país situado en Europa Occidental, que forma parte da UE. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, omprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Conta cunha poboación que rolda os 10,5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Lisboa. O idioma oficial é o portugués.

A bandeira componse dun rectángulo dividido verticalmente por unha franxa de cor verde, pegada ao mastro, e outra vermella. Na unión de ambas as cores atópase unha versión simplificada do escudo nacional (formado por un campo de prata, cinco escusóns de azul, postos en cruz, cargados cada un de cinco bezantes de prata, colocados en aspa, e unha bordura de goles cargada de sete castelos de ouro, tres en xefe, dous en flanco e dous cara á punta, todo iso asentado sobre unha esfera armilar en ouro e avivada de sabre). As cores representan a esperanza da nación (verde) e o sangue (vermello) daqueles que perderan a vida pola patria.

FONTE: gal.wikipedia.org

0 comentarios