CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? XIII
Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.
A contestación correcta á pregunta de onte é Atlántico. Trátase da catarata do estreito de Dinamarca, tamén chamada “a bomba de Groenlandia”. Atópase debaixo da auga entre Groenlandia e Islandia. Calcúlase que ten 3.500 metros de caída.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. A que animal corresponde esta imaxe?
- Quenlla balea
- Cachalote
- Balea azul
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza e fundacionaquae.org
0 comentarios